Voluntariado
Voluntariado +
Axenda Voluntariado
Error: No articles to display
![]() |
Voluntariado
03-06-2021 / Voluntariado
Ou Multiusos de Arcade acolleu a presentación do novo Campo de Voluntariado que a Xunta de Galicia poñerá en marcha non Concello de Soutomaior. A iniciativa, aberta a persoas desde...
13-05-2020 / Voluntariado
Ata 8.000 máscaras confeccionáronse no Concello de Soutomaior nas últimas semanas grazas ao traballo incansable e totalmente altruísta dun bo puñado de voluntarias. O Concello de Soutomaior agradece a súa solidariedade...
25-03-2019 / Voluntariado
As persoas interesadas en participar como voluntarias na organización do Festival Soutopequeno poden inscribirse na web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal2/vista-mensual/eventodetalle/2079/voluntariado-soutopequeno O festival de cine e música SOUTOPEQUENO celébrase no Concello de Soutomaior os días 28,29,30...
18-07-2018 / Si quero, colaborar
O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...
13-07-2018 / Si quero, colaborar
O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...
13-07-2018 / Si quero, colaborar
O Concello de Soutomaior promove a educación medio ambiental baixo o lema SI QUERO, COLABORAR. Este programa iniciado no ano 2018 xa vai pola segunda acción que concluirá este domingo...
13-06-2018 / Si quero, colaborar
O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas...
22-05-2018 / Si quero, colaborar
Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa...
Que queremos?
Que facemos?
Se queres facerte voluntaria/o, agardámoste para:
Se sodes unha asociación, apoiámovos en:
En que espazos e programas municipais podes realizar voluntariado?
No ámbito da educación, protección e respeto ao medio ambiente
"Voluntariado educación e sensibilización medio ambiental" Tipoloxía de funcións: Realizar un tipo de vixilancia disuasoria e limpeza de montes e áreas de lecer. Actividades de sensibilización en relación a temas mediambientais: montes, ríos, praias, etc. Restauración e recuperación ambiental de regueiros, de fontes e abrevadeiros. Actividades de identificación e conservación de rastros e sinais de fauna e tamén de flora. Fabricación e colocación de comedeiros e caixas niño para aves. Acondicionamento de Roteiros, etc.
No ámbito da promoción da xuventude
"Voluntariado xuvenil" no programa de Dinamizacion xuvenil: todas as actividades programadas pola Concellería de Xuventude, incluídas as escolas municipais: teatro, pintura, etc.
No "Programa de Información e documentación Xuvenil"
nas labores de difusión da información. Tipoloxía de funcións: Apoio na busca de información e participación na difusión da información da OMIX. Apoio na coordinación de execución de actividades,etc.
No ámbito da promoción da igualdade entre homes e mulleres.
"De igual a igual". Tipoloxía de funcións: Apoio nas visitas e excursións organizadas. Apoio e cooperación na organización, na execución e na avaliación de actividades de promoción da igualdade de oportunidades. Acompañamento a persoas usuarias para a realización de trámites administrativos, burocráticos ou de outra índole. Apoio en programas que fomenten a conciliación entre a vida laboral, familiar e persoal, etc.
No apoio á actividade deportiva "Voluntariado para o deporte".
Tipoloxía de funcións: Apoio nas Escolas deportivas municipais. Apoio en torneos e competicións deportivas. Colaboración na organización de actividades e competicións deportivas. Difusión da oferta deportiva, etc.
No ámbito dos Servizos Sociais "Voluntariado social"
de apoio a minorías étnicas, persoas con escasos recursos e poboación en xeral. Tipoloxía de funcións: obradoiros e charlas sobre saúde: alimentación, deporte, hábitos saudables en xeral,... Apoio en lingua galega e castelá para persoas estranxeiras. Apoio nas clases de reforzo escolar. Acompañamento na xestión e utilización de recursos da comunidade (ir a consulta médica, a tramitar distintas xestións, etc.), apoio no uso e manexo de novas tecnoloxías para a alfabetización dixital, etc.
No ámbito da participación veciñal "TECENDO REDES, voluntariado para a participación veciñal.
Tipoloxía de funcións: apoio na organización de actividades, apoio no fomento do asociacionismo e a vidal cultural do municipio. Apoio no fomento de iniciativas sociais e de creación de redes, etc.
Voluntariado +
Error: No articles to display