Descrición
DESCRICIÓN
O Día Internacional da Eliminación da Violencia machista celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia exercida sobre as mulleres, polo mero feito de ser mulleres, en todo o mundo e reclamar políticas para a súa erradicación.
Enténdense por violencia de xénero “Calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relación de dominación dos homes sobres as mulleres que teñan ou poda ter como consecuencia un dano físico, sexual o psicolóxico, incluídas as ameazas a tales actos e a coacción o privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorre no ámbito público como na vida familiar ou persoal” (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero) ; modificouse engadindo a “Violencia de xénero dixital ou Violencia en liña conta a muller, que inclúe todo acto ou conducta de violencia de xénero cometido, instigado ou agravado, en parte o na totalidade, polo o uso da novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), como Internet, plataformas de redes sociais, sistemas de mensaxeira e correo electrónico ou servizos de xeo localización, con a finalidade de discriminar, humillar, chantaxear, acosar ou exercer dominio, control ou intromisión sen consentimento na privacidade da vítima; con independencia de que o agresor garde ou non relación conxugal, de parella ou análoga de afectividade no presente ou no pasado, o de parentesco coa vítima. Igualmente, terán a consideración de actos de violencia dixital contra a muller os exercidos por homes da súa contorna familiar, social, profesional ou académica.” (Lei 15/2021, 3 de decembro, galega)
Tipos de violencia: Física, verbal, psicolóxica, vicaria (exercida sobre as crianzas), sexual, económica, dixital, abusos sexuais, acoso, trata de persoas, mutilación xenital feminina, matrimonio infantil.
Obxectivos
OBXECTIVOS:
- Promover a prevención, o fin da impunidade e a seguridade e benestar das vítimas de violencia machista e as/os súas fillas/os.
- Fortalecer o traballo en rede das/os profesionais e potenciar a difusión dos recursos para facer máis efectiva a loita contra a violencia de xénero.
- Promover condutas alternativas á violencia para a resolución de conflitos, as relacións de convivencia e o bo trato entre mulleres e homes.
CIM Soutomaior
NOVA PROGRAMACIÓN 2022
NOVAS DO 25N
02-12-2022 / 25N (Igualdade)
Onte celebrouse unha nova Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. No Multiúsos reuníronse representantes de varios sectores, dende os Corpos de Seguridade, ata a membros da Xunta e as responsables do CIM para poñer en común os últimos datos e estratexias e seguir colaborando na extinción desta lacra. Queremos que o CIM siga sendo un punto de encontro e traballo para todos/as os/as profesionais que día a día poñen todo o seu esforzo na protección e amparo das...
11-11-2022 / 25N (Igualdade)
O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade e o...
31-05-2022 / 25N (Igualdade)
Esta mañá convocouse a 8ª Mesa de Coordinación Interinstitucional para a abordaxe...
11-11-2021 / 25N (Igualdade)
O GDR Pontevedra-Morrazo está a organizar dentro da campaña Rachemos coa Indiferenza...