Venres, 11 Novembro 2022 14:34

Sempre do lado das víctimas: O concello presenta a campaña do 25N

Sempre do lado das víctimas: O concello presenta a campaña do 25N

O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade e o CIM (Centro de Información a Muller) pon en marcha a campaña do 25 N, Día Internacional  violencias machistas, este ano baixo o lema “O SUPERPODER DO BO TRATO” Tecendo novas masculinidades. 
 
O obxectivo da presente campaña de sensibilización é poñer o foco na implicación da poboación masculina, especialmente na poboación xuvenil , entendendo que é na  prevención da violencia  onde está a futura sociedade do bo trato e a convivencia igualitaria.
 
Na secunda década do C.XXI , nun momento no que os valores de igualdade e non discriminación entre sexos, están maioritariamente aceptados, sorprende ver como patróns e condutas machistas que pensabamos erradicadas se perpetúan e aceptan entre as persoas máis mozas.
 
Un estudo de percepción da violencia de xénero na adolescencia  e na xuventude,amosase que un de cada  cinco mozos de entre 15 e 29 anos, considera que a violencia de xénero non existe.  Este paradoxo, polariza e enfronta a unha loita de poder entre xéneros, que escapa absolutamente dos obxectivos do feminismo.
 
A Campaña Ilustrada polo artista local Fabian Piñeiro, recorre a figura de superhéroes masculinos, que representan moitas veces estereotipos de masculinidades violentas, para representar a idea de cooperación masculina contra os machismos,  tecendo novas masculinidades que empreguen o bo trato como un auténtico superpoder de sociedades +  igualitarias do futuro.
 
A loita feminista e a erradicación da violencia de xénero precisa si ou si , da implicación da poboación masculina nesta sensibilización e transformación social. Non é posible doutro xeito.
 
Coma nos anos anteriores, o comercio local e os servizos de restauración poden colaborar coa difusión  e visibilización da campaña nos seus establecementos, o único que teñen que facer é inscribirse na páxina do gabinete de prensa o chamar por teléfono o Centro de Información da Muller (CIM) 986701227, unha vez recibida a solicitude poranse en contacto para facilitar o material divulgativo.
 
O 24 de Novembro na Biblioteca Municipal Luis Seoane, farase a presentación do libro de Milagros Domínguez Garcia “ Proteger es mi deber”, coa presencia da autora.
 
O 25 de novembro, no edificio Multiusos de Arcade,  ás 17:30 da tarde, terá lugar un obradoiro cos xogadores dos dous equipos de fútbol de Concello:  Club Deportivo Arcade e Club Deportivo Soutomaior, das diferentes categorías, para ilustrar e apoiar a campaña municipal e  a importancia da implicación  pola loita contra a violencia machista.
 
 Ás 19:00 h. no salón de actos do Edificio Multiúsos de Arcade lectura do Manifesto por parte das futbolistas do equipo feminino do Club Deportivo Arcade, para logo pechar os actos cunha performace da artista local ,  Saida Rkiek titulada “Cartas de amor”.
 
A campaña difundirase tamén nos centros escolares do Concello coa colocación de carteis e a entrega de adhesivos e bolígrafos para as crianzas.
 

 


Cartel Cartel

Publicado en 25N (Igualdade)
Visto 480 veces

Igualdade

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

28-06-2023 / Espazo Diversidade (Igualdade)

Desde o Concello de Soutomaior este 28 de Xuño queremos lembrar a toda as persoas que marcaron un antes e un despois na historia da nosa comunidade LGTBIQA+. Persoas que alzaron a súa voz ante o sistema e visibilizaron, desde o seu activismo cotiá, unha realidade DIVERSA afectivo-sexual que fai a nosa comunidade máis nutritiva e enriquecedora para todas.   Falamos de...

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

12-05-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

 Este ano os campamentos de conciliación familiar esténdense todo o verán. Comezamos o día 26 de xuño co xa habitual ‘Campamento Concilia’, que se dividirá en tres quendas ata o...

Emoción e diversión no primeiro día de Campamento Concilia de Semana Santa

Emoción e diversión no primeiro día de Campamento Concilia de Semana Santa

04-04-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

Hoxe foi o primeiro dia do Campamento Concilia de Semana Santa. Media centena de cativos e cativas pasaron unha mañá divertida cos seus amigos. Esta iniciativa, que xa ven sendo...

Comeza o curso de Arteterapia

21-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

Hoxe tivo lugar a primeira sesión de Arteterapia, un obradoiro que promete mellorar a autoconciencia e a calidade de vida das súas participantes. Esta iniciativa, que se encadra dentro do...

O Programa "Enredadas" dinamiza as Asociacións Veciñais con vogalía de muller

16-03-2023 / Espazo Redes (Igualdade)

Hoxe tivo lugar unha nova reunión cas asociacións de mulleres e veciñais con vogalía de muller do noso concello. Estas reunións, que fan parte do Programa Enredadas teñen como obxectivo...

Presentamos o Campamento para favorecer a conciliación familiar en Semana Santa

15-03-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

O alcalde e a Concelleira de Igualdade presentaron o Campamento Concilia de Semana Santa. Esta iniciativa do Concello, organizada a través do CIM, busca ofrecer unha alternativa de conciliación familiar...

Arrinca a programación do 8M ca presentación dunha Guía Didáctica

08-03-2023 / 8M (Igualdade)

Hoxe comezamos ca programación do 8M ca presentación da Guía Didáctica ‘Historia do Movemento Feminista 1975 -1983’, elaborada pola nosa veciña Raquel Fernández. A obra fai un repaso á historia do...

A concelleira presenta as novas sesións de Arteterapia

07-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

O CIM ofrece un novo obradoiro dentro do Espazo de Autocoidado. Nesta ocasión será de Arteterapia. Todas as interesadas poden inscribirse xa nesta iniciativa que terá lugar os martes de...