
Descrición
DESCRICIÓN
8M, Día Internacional da Muller, foi recoñecido oficialmente polas Nacións Unidas no ano 1977. A súa orixe está nos movementos laborais de principios do S. XX. Algunhas datas destacadas: No 1848, a Elizabeth Stanton e Lucretia Mott, non lles deixaron participar nunha Convención Contra a Escravitude polo que congregaron a centos de mulleres no que foi a primeira Convención dos Dereitos da Muller en EEUU. Loitaban polos dereitos civís, sociais, políticos e relixiosos. O 8 de marzo de 1875 centenares de mulleres dunha fabrica de téxtil de Nueva York, protestaron pola desigualdade salarial, estas protestas desencadearon unha brutal represión policial que asasinou a 120 traballadoras, xurde o primeiro sindicato feminino da historia propoñendo protestas e folgas no sector téxtil. No ano 1908 Baixo o lema “Pan e Rosas” saíron a rúa 15.000 mulleres para protestar polas súas condicións laborais.
O 25 de marzo de 1911 incendiouse unha fabrica téxtil en Nueva York, moitas traballadoras quedaron atrapadas, xa que as portas estaban pechadas por fora. Morreron 146 mulleres. Na fabrica elaboraban telas de cor morado, e a columna de fume, producida pola lume era de ese cor, así vinculase o color o día. Logo da revolución rusa, o goberno interino, aprobou o voto feminino o 23 de febreiro de 1917. Explica a ONU, que en base ao calendario gregoriano, o 23 de febreiro correspondía ao 8 de marzo.

CIM Soutomaior
NOVAS DO 8M
08-03-2023 / 8M (Igualdade)
Hoxe comezamos ca programación do 8M ca presentación da Guía Didáctica ‘Historia do Movemento Feminista 1975 -1983’, elaborada pola nosa veciña Raquel Fernández. A obra fai un repaso á historia do feminismo dunha forma sinxela e atractiva e servirá de base para tratar esta temática nos institutos do Concello. Ademais calquera pode solicitala. Grazas a Raquel polo súa dedicación, estamos seguros de que o impacto que terá esta guía na nosa mocidade compensará o arduo traballo. Grazas tamén ás responsables do Departamento...
06-03-2023 / 8M (Igualdade)
Como cada ano, no Concello de Soutomaior celebramos o día 8 de...
14-03-2022 / 8M (Igualdade)
Este venres, Raquel Fernández, historiadora e responsable da conta ‘Mulleres Galegas’, ofrecerá...
23-02-2022 / 8M (Igualdade)
O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade da a...