Prevención
“A TÚA SAÚDE TI DECIDES”
Obxectivos
OBXECTIVOS
A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior, un ano mais, inicia o programa de prevención de conductas de risco dirixido a alumnado de PRIMARIA E ESO que estuda nos centros educativos do municipio.
O obxectivo xeral deste programa dentro da área de prevención de conductas de risco é o de crear espazos de reflexión acerca do papel que xogamos na sociedade como individuos e como membros dun grupo, analizar os motivos que levan ao consumo de drogas en base á propia identidade, analizar como en base a determinados valores e crenzas nos relacionamos afectivamente e sexualmente e cales son as nosas actitudes ante todos estes temas.
Outra das cuestións a tratar é o do uso das tecnoloxías da información e comunicación e os perigos que se poden derivar do uso abusivo e inadecuado destas. Reflexionado no como, porque e para que as usamos.
Programa
PROGRAMA
O programa consta de dúas partes:
1º PARTE: charlas - obradoiro sobre: - Habilidades sociais. Entrenamento preventivo - Prevención de drogodependencias e outras adiccións - Prevención de problemas asociados ás novas tecnoloxías - Prevención de conductas de risco no ámbito afectivo – sexual - Adiccións: saúde e aspectos legais · (ver calendario)
2º PARTE: formación en mediación - Formación en mediación e conflicto Duración: 3,45 h/grupo Sesións: ver calendario Participantes: 1º e 2º ESO Este curso vai dirixido a adolescentes coa finalidade de que adquiran unha nocións básicas sobre a xestión de conflicto e a figura de mediación. Tocamos temas como: definición de conflito, tipo de conflitos, xestión do conflito, pros e contras do conflito, consecuencias derivadas do cando están mal xestionados, a figura e rol da persoa mediadora, recursos de mediación no centro educativo e fóra.
Calendario
CALENDARIO
A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior pon en marcha estas e outras iniciativas educativas, en colaboración cos centros escolares, coa finalidade optimizar a formación global do alumnado e mellorar así o potencial do alumnado no seu desenvolvemento persoal e social. Os obradoiros teñen un carácter eminentemente práctico e reflexivo e son impartidos por persoas con ampla experiencia no traballo coa mocidade e cunha formación ampla nos temas a tratar.
O calendario do programa péchase conxuntamente cos departamentos de orientación dos centros así como os contidos e metodoloxía das sesións tendo en conta as idades dos grupos cos que traballamos. Son os centros os que deciden que temas abordar en cada curso e con que alumnado en función das necesidades de cada curso.