QUE É?
Un programa de lecer e tempo libre xuvenil cunha proposta de actividades que serán de balde e se desenvolverán en fins de semana, os venres e sábados. Poderás participar como asistente a actividades ou como monitor/a presentando unha proposta.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
COMO PARTICIPAR?
- Ter entre 12 e 30 anos.
- Solicitar o carné NOCTÁMBULAS cumprimentando o formulario en inscricións en liña: PREME AQUÍ
- Recoller o teu carné de balde na OMIX.
- Presentar o carné no momento de chegada a unha actividade.
QUE TIPO DE ACTIVIDADES FAREMOS? EN QUE HORARIOS?
Lúdicas, formativas, deportivas, culturais, saudables, etc. Facede as vosas propostas!
Posibles horarios:
Venres: 22:00 a 00:00 h
sábado: 20:00 a 01:00 h
*Publicaremos o calendario con actividades, días, horas e lugares con antelación.
Posibles horarios:
Venres: 22:00 a 00:00 h
sábado: 20:00 a 01:00 h
*Publicaremos o calendario con actividades, días, horas e lugares con antelación.
CANDO E ONDE TERÁN LUGAR AS ACTIVIDADES?
Desenvolveranse desde marzo ata maio de 2023 en diferentes espazos socio-culturais e deportivos do Municipio de Soutomaior.

IMPORTANTE
Le atentamente as indicacións de cada actividade. Nalgúnhas é posible que teñas que reservar praza e noutras terás indicacións sobre o que precisas para a actividade.
Como propoñer actividades
COMO PARTICIPANTE
As actividades desenvolveranse en espazos saudables. Terán un carácter educativo, participativo, inclusivo, igualitario e diverso, para todos os gustos. Nacerán das propostas realizadas pola xente nova a través da Caixa de Suxestións que atoparedes en diferentes puntos:
- Biblioteca Municipal
- Centros educativos
- OMIX, Multiúsos

COMO MONITOR/A
Presentando a túa proposta de actividade a través da inscrición en liña na que terás que cumprimentar unha serie de datos:
*As actividades teñen carácter puntual así que desenvolveranse en sesión única preferentemente.
*Se hai moita demanda poderán facerse grupos ou repetirse noutros días.
- Título
- Breve descrición
- Obxectivos
- Duración da actividade/nº horas
- Número máximo de persoas destinatarias
- Necesidades técnicas e recursos materiais
- Datos completos de quen factura
- Custo de realización total do proxecto separando cada concepto que se orzamenta (IVE e/ou IRPF)
- Outras consideracións a ter en conta
*As actividades teñen carácter puntual así que desenvolveranse en sesión única preferentemente.
*Se hai moita demanda poderán facerse grupos ou repetirse noutros días.
Como podo participar?
SOLICITANDO O CARNÉ
Se queres participar cumprimenta este formulario en liña para obter o carné que che permitirá acceder ás actividades.

