
A Escola
No ano 2015 comezamos con este programa municipal que a través da súa traxectoria se foi consolidando e adaptando ás novas necesidades e demandas da poboación de Soutomaior. Nesta Escola o alumnado aprende e achégase ás disciplinas do debuxo e da pintura a través dun programa de formación anual que se estrutura por itinerarios por idades pero tamén tendo en conta ás necesidades e inquedanzas do alumnado inscrito en cada itinerario. Utilizamos unha metodoloxía na que vinculamos estas disciplinas a outras como, por exemplo, o modelado en barro (escultura en barro), a videocreación, etc.
Vai dirixido a persoas con inquedanzas artísticas e gusto por aprender e mellorar a súa creatividade nun ambiente no que o grupo e cada membro do mesmo se sinta cómodo e se exprese libremente.
As clases comezan en outubro e rematan en xuño. Non fai falla ter experiencia previa.
Obxectivos
Os obxectivos principais son transmitir ao alumnado coñecementos e técnicas básicas de debuxo artístico e da pintura nun ambiente lúdico e distendido no que gocen do traballo en grupo e á súa vez aprendan utilizando diferentes soportes; Adquirir nocións básicas e experimentando novos formatos e recursos, aplicando diferentes técnicas e experimentando a partir de múltiples artistas e correntes.
Contidos
Cada itinerario ten uns contidos específicos que van desde niveis de iniciación ata o perfeccionamento de determinadas técnicas e a exploración de novos conceptos artísticos e outras disciplinas que complementan.
Itinerarios
Itinerario ESPERTANDO A CREATIVIDADE
Idades: 4 a 7 anos
Horarios: martes de 16:30 a 17:45 h.
Profesora: Andrea Menéndez
Itinerario INFANTIL 1
Idades: 8 a 11 anos (orientativas)
Horario: martes de 18:00 a 19:15 h.
Profesora: Andrea Menéndez.
Itinerario INFANTIL 2
Idades: 8 a 11 anos (orientativas)
Horario: martes de 19:15 a 20:30 h.
Itinerario XUVENIL 1
Idades: 12 a 15 anos (orientativas)
Horario: xoves de 16:30 a 18:30 h.
Profesora: Belén Veleiro.
Itinerario XUVENIL 2
Idades: 12 a 17 anos (orientativas)
Horario: xoves de 18:45 a 20:45 h.
Profesora: Belén Veleiro.
- Duración: desde outubro 2022 ata xuño 2023.
- Custe: 15 €/bimensual empadroados/as; 36 € bimensual non empadroados/as

OMIX | Soutomaior
NOVA PROGRAMACIÓN 2022 - 2023
Escola Municipal de
Debuxo e Pintura 2022-2023
Inicio da actividade: 04-10-2022
Fin da actividade: 25-05-2023
Dias da actividade: Martes ou xoves según idade
Destinatarios/as: 4 - 17 anos
Menores: Menores con autorización
Prazas: 12 prazas/grupo
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Multiúsos, Arcade
Inscricións: ata cubrir prazas
Itinerarios:
ESPERTANDO A CREATIVIDADE | 4 a 7 anos | martes de 16:30 a 17:45 h
INFANTIL 1 | 8 a 11 anos | martes de 18:00 a 19:15 h.
INFANTIL 2 | 8 a 11 anos | martes de 19:15 a 20:30 h.
XUVENIL 1 | 12 a 15 anos | xoves de 16:30 a 18:30 h
XUVENIL 2 | 12 a 17 anos | xoves de 18:45 a 20:45 h
De outubro 2022 ata maio 2023
NOVAS DA ESCOLA M. DE DEBUXO E PINTURA
07-06-2019 / Escola Municipal de Debuxo e Pintura
O Concello de Soutomaior rematou as clases da Escola Municipal de Debuxo e Pintura deste cursos 2018/2019 agora no mes de maio. O programa do curso foi moi variado e o alumnado traballou con diferentes técnicas, materiais e recursos co fin de experimentar novos espazos artísticos a través da reflexión persoal e grupal. Foron moitos os traballos realizados ao longo do curso. A escola actualmente conta con tres grupos organizados en función de idades e nivel de coñecementos: grupo espertando...
20-06-2017 / Escola Municipal de Debuxo e Pintura
A exposición OS/AS NOSOS/AS ARTISTAS está composta por material moi variado elaborado...
20-06-2016 / Escola Municipal de Debuxo e Pintura
A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior inaugurou este venres pasado...