Os libros que se achegan a túa casa!

1 Faite socio/a da Biblioteca

2 Fai o teu pedido do catálogo

3 O martes recibirás o material

Image
Image
Image
Que é Bibliofogar?
É un servizo de extensión bibliotecaria da Biblioteca Municipal de Soutomaior co fin de achegar a lectura ás persoas que teñan dificultades para acceder a ese servizo de forma presencial ou que o necesiten.

Requisitos para ser socio/a da Biblioteca Municipal

• Cubrir un formulario, en liña na web ou dispoñible na propia Biblioteca.
• Unha fotografía tamaño carné.
• Presentar o DNI.
• Para os menores de 14 anos, autorización firmada polo tutor/a legal.


Os libros que che fan imaxinar

La reina en la cueva

12-02-2024 / Os libros da Biblioteca

"Un día, de repente, a Franca no le apetece pintar, ni hacer...

Vémonos mañá

18-12-2023 / Os libros da Biblioteca

"A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar...

El hombre de la guerra

18-12-2023 / Os libros da Biblioteca

"Urko Pínaga regresa del exilio para asistir al entierro de su tía...

Só ficarán cinzas en algures

08-11-2022 / Os libros da Biblioteca

"Un baleiro perfecto, un asasinato imperfecto... Unha cidade onde nunca pasa nada, catro...

Llévame a casa

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Juan ha conseguido independizarse lejos de su país cuando se ve obligado...

Patio de luces

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro...

Na néboa

26-01-2022 / Os libros da Biblioteca

"Na néboa, publicada por primeira vez en 1901, e unha hábil historia...

Antes de durmir

28-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Unha delicada historia que fala da amizade durante a infancia e o...

Virtudes ( e misterios)

20-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Premio Nacional de Narrativa 2021. El jurado de dicho premio ha seleccionado...

Las vencedoras

07-07-2021 / Os libros da Biblioteca

A los cuarenta años, Solène lo ha sacrificado todo por su carrera...

El huerto de Emerson

10-06-2021 / Os libros da Biblioteca

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no...

El silencio de las olas

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en...

Como podo solicitar este servizo?

Opcións:

- Solicitándoo presencialmente na Biblioteca Municipal “Luis Seoane” de Soutomaior.
- Enviando un correo-e: ; ou por .
- Cumprimentando este formulario de abaixo e dándolle a enviar.

Que é necesario para poder solicitar este servizo?

Vivir no termo municipal de Soutomaior.

Ser socio/a da Biblioteca Municipal de Soutomaior ou de calquera Biblioteca da Rede Pública de Bibliotecas de Galicia. SOLICITUDE CARNÉ DA BIBLIOTECA Luis Seoane

 

Que material podo solicitar en préstamo?

Ata 3 libros, 2 audiovisuais e 1 revista durante 15 días, por socio/a non renovables.

Onde podo consultar o material a solicitar?

Na web do Concello:  servizos municipais: biblioteca- catálogo: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Que días se reparten e recollen os libros nos domicilios?

Os repartos serán todos os martes.

Se tes dúbidas

contacta coa Biblioteca Municipal: 

986 700 291



Faite socio/a da Biblioteca Municipal Luis Seoane
e goza da lectura e da cultura!