
A Escola
No ano 2002 comezamos con este programa municipal que a través da súa traxectoria se foi consolidando e adaptando ás novas necesidades e demandas da poboación de Soutomaior. Nesta Escola o alumnado aprende e achégase ao teatro a través dun programa de formación anual no que se aplican diferentes técnicas de expresión de ideas e sentimentos, potenciando a súa expresividade corporal/vocal e proporcionando os recursos interpretativos para iniciarse na práctica teatral. Partimos dunha metodoloxía baseada na práctica e sustentada na teoría para a utilización do corpo e da voz nun contexto desenfadado e lúdico onde perseguimos ademais xerar interese polo teatro e a cultura. Vinculamos as artes escénicas con outras expresións artísticas e incorporamos ás clases as artes plásticas e a música, entre outras, para enriquecer a formación e achegarnos a outras disciplinas. As clases comezan en outubro e rematan en xuño. Non fai falla ter experiencia previa.
Obxectivos
- Descubrir e fomentar os recursos expresivos e comunicativos.
- Estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas.
- Preparar para o xogo dramático espontáneo e libre, vencendo a vergoña e a timidez.
- Motivar o traballo en equipo, cooperativo e solidario
- Fomentar a non discriminación de xénero nin doutros tipos perfilando personaxes e na interpretación de accións.
- Desenvolver as destrezas manuais a través de actividades plásticas.
- Concienciar sobre o coidado do contorno urbano e natural.
- Fomentar e animar á lectura.
- Favorecer a fluidez na expresión oral e escrita.
Contidos
- CORPO elemento fundamental no proceso de aprendizaxe (mobilización, desinhibición, expresión)
- EU e GRUPO (socialización).
- ESPAZO, e ELEMENTOS (experimentación cos sentidos).
- CREACIÓN, EXPRESIÓN, COMUNICACIÓN (dramatización).
Adultos/as
Actualmente ofrecemos varios itinerarios en diferentes horarios dirixidos a todas as idades a partir de 18 anos, pensamos para as persoas adultas para achegarnos ao teatro a través dun programa no que imos exercitar a memoria a través da aprendizaxe diálogos, traballar a expresión corporal mediante xogos de interpretación e improvisación e xerar un espazo para compartir en comunidade traballando en equipo. Utilizaremos técnicas de relaxación, xogos e risas para motivarnos e iniciarnos na práctica teatral nun contexto desenfadado e lúdico onde perseguimos ademais xerar interese polo teatro e a cultura galega tomando como referencia textos de Blanco Campo Amor, Manuel Castelao, Varela Buxán, Álvaro Cunqueiro e Valle-Inclán.
ADULTO 1
Idades: +18 anos (persoas adultas de todas as idades)
Horario: mércores de 10.30 a 12.00 h
Lugar: Multiúsos, Arcade
Prazas: 15/grupo (mínimo 10)
Profesora: Saida Rkiek Sghiar
ADULTO 2
Idades: +18 anos (persoas adultas de todas as idades)
Horario: xoves de 18.30 a 20.00 h
Lugar: Casa Regina de Soutomaior (Soutomaior)
Prazas: 15/grupo (mínimo 10/grupo)
Profesora: Saida Rkiek Sghiar
Duración: desde outubro 2022 ata xuño 2023
Custe: 12 €/bimensual empadroados/as; 24€ bimensual non empadroados/as
Infantil/Xuvenil
Actualmente ofrecemos varios itinerarios dirixidos a diferentes idades aptos para calquera persoa que teña interese por gozar do teatro e experimentar cousas novas. Nos itinerarios cada persoa atopa o seu lugar e así vaise creando o grupo e o equipo actoral guiado pola profesora ou profesor.
INFANTIL 1 (4 a 8 anos): sábados de 11:30 a 13:00 h.
XUVENIL 1 (9 a 11 anos): venres de 17:15 a 18:45 h.
XUVENIL 2 (12 a 14 anos): venres de 19:00 a 20:30 h.
XUVENIL 3 (12 a 17 anos): venres de 21:00 a 22:30 h.
Profesora: Tamara Campos (Migallas Teatro)
Lugar: Multiúsos, Arcade
Duración: desde outubro 2022 ata xuño 2023
Custe: 12 €/bimensual empadroados/as; 24€ bimensual non empadroados/as

OMIX | Soutomaior
NOVA PROGRAMACIÓN 2022 - 2023
Escola Municipal de Teatro
(Infantil-Xuvenil) 2022-2023
Datas do: 01-10-2022 ó: 30-06-2023
Destinatarios/as: 4 - 17 anos
Público dirixido: Público xuvenil
Prazas: 18 prazas/grupo
Lugar: Multiúsos, Arcade
De pago | Inscricións en liña ata: cubrir prazas
Para participar non se esixe nivel previo nin formación básica.
Os ITINERARIOS DE INFANTIL/XUVENIL por idades aproximadas:
infantil 1 (4 a 8 anos): sábados de 11:30 a 13:00 h.
xuvenil 1 (9 a 11 anos): venres de 17:15 a 18:45 h.
xuvenil 2 (12 a 14 anos): venres de 19:00 a 20:30 h.
xuvenil 3 (12 a 17 anos): venres de 21:00 a 22:30 h.
Profesora: Tamara Campos
Escola Municipal de Teatro
(Adultos/as) 2022-2023
Datas do: 12-10-2022 ó: 29-06-2023
Horarios: Según opción
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Público dirixido: Público adulto
Prazas: 15/grupo; mínimo 10/grupo
Lugar: Soutomaior e Arcade
De pago | Inscricións en liña ata: 11 de outubro ou completar prazas
Itinerarios PERSOAS ADULTAS:
ADULTO 1: mércores de 10.30 a 12.00 h | Multiúsos, Arcade
ADULTO 2: xoves de 18.30 a 20.00 h | Casa Regina (Soutomaior)
Profesora: Saida Rkiek Sghiar
NOVAS DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO
25-10-2022 / Escola M. de Teatro
Os/as alumnos/as das escolas municipais de teatro empezaron este curso con moita enerxía. As primeiras sesións están indo vento en popa con moi bo ambiente nos grupos e moitas ganas de seguir aprendendo. Temos canteira de actores e actrices!
26-06-2019 / Escola M. de Teatro
Este fin de semana o alumanado dos diferentes grupos da Escola Municipal...
29-06-2017 / Escola M. de Teatro
Este venres 30 de xuño e este sábado 1 de xullo o...
29-06-2016 / Escola M. de Teatro
A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior clausura este primeiro fin...