.jpg)
.jpg)
Imos a clase recoñecendo o noso camiño habitual, tomando precaucións e sobre todo "paseando".
Que é?
ColeRoteiros, Camiños Escolares en Soutomaior, é un programa municipal educativo e xuvenil dirixido a facilitar que nenos, nenas, mozos e mozas poidan ir aos centros educativos camiñando ou en bici.
Un proxecto global e transversal do Concello de Soutomaior que ten como fin impulsar hábitos máis saudables de mobilidade, practicar deporte, contaminar menos e favorecer a participación comunitaria.


Prestémoslle atención as sinais de tráfico que avisan aos conductores/ras da nosa presenza.
2.jpg)
En patineta
Non esquezas o Rotikit
1. Casco!
2. Carné/Matrícula
3. Brazalete
A pé
Non esquezas o Rotikit
1. Carné
2. Brazalete
En bicicleta
Non esquezas o Rotikit
1. Casco!
2. Carné/Matrícula
3. Brazalete
Imos ó cole facendo amizades!


Serán as saídas en grupo previamente planificadas coas que se persegue dar a coñecer os ColeRoteiros e provocar que os menores vaian adquirindo o hábito de ir ao cole andando ou en bici. Fomentar a súa autonomía nos traxectos cotiás creando condicións de seguridade ata que non sexa necesario que vaian acompañados por monitores/as porque os itinerarios sexan seguros ademais de sostibles e saudables.
Si se supera o máximo de inscrición por día fixarase nesa semana unha nova data para as persoas que queden en lista de agarda (comunicarase ás persoas inscritas).


Que é
Serán os puntos de encontro indentificados dentro do programa mediante unha sinal na que aparecerá a imaxe da campaña Roti para identificar eses puntos de reagrupamento do alumnado nos días programados no calendario para que todas as persoas desa zona poidan ir en grupo cara ao cole. Nesas paradas estarán as persoas que acompañarán a cada grupo: monitores/as e voluntariado.
IES Soutomaior
HORARIOS DAS ROTIPARADAS DE IDA
IES - Ida | ||
Rotiparadas | pé | Bici/patineta |
Alameda de Talorío | 8:40 | 8:45 |
Avenida Xosé Solla, 21 | 8:43 | 8:48 |
Cruce de Pierres | 8:45 | 8:50 |
Rúa do Calvario na rotonda Bi – Nacional (Itaipu) | 8:42 | 8:48 |
Rúa do Calvario (Talleres Castro): | 8:40 | 8:45 |
Estrada de Soutomaior, 28 (antigo cole Padin Truiteiro) | 8:52 | 8:53 |
Baixada ó Pavillón Deportes da Montesiña | 8:50 | 8:55 |
IES Soutomaior (Chegada) | 9:02 | 9:00 |
IES Soutomaior
HORARIOS DAS ROTIPARADAS DE REGRESO
IES – Regreso | ||
Rotiparadas | pé | Bici/patineta |
IES Soutomaior (Saída) | 14:40 | 14:40 |
Baixada ó Pavillón Deportes da Montesiña | 14:55 | 14:50 |
CEIP Padin Truiteiro | ||
Estrada de Soutomaior, 28 (antigo cole Padin Truiteiro) | 14:50 | 14:48 |
Cruce de Pierres | 14:57 | 14:53 |
Rúa do Calvario na rotonda Bi – Nacional (Itaipu) | 15:02 | 15:00 |
Rúa do Calvario (Talleres Castro) | 15:05 | 15:03 |
Avda. Xosé Solla, 21 | 15:02 | 14:55 |
Alameda Talorío | 15:04 | 15:00 |
NOVAS DOS COLEROTEIROS

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros
09-05-2019 Coleroteiros
Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.

Roti visita os comercios e o IES para dar a coñecer os ColeRoteiros
13-03-2019 Coleroteiros
Este martes 12 de marzo tivo lugar no IES a primeira reunión...

Presentación do programa ColeRoteiros este pasado domingo na Xornada de Educaci…
25-02-2019 Coleroteiros
O Concello de Soutomaior presentou este domingo un novo programa educativo e...

ColeRoteiros Educaicón Vial
22-02-2019 Coleroteiros

Funcións
Funcións básicas do voluntariado:
Funcións Volunvial
- Sensibilización en materia de educación vial e seguridade.
- Información sobre o programa.
- Observar os puntos de risco nos roteiros e as necesidades de mellora para poñelo en coñecemento dos/as responsables municipais e así ir introducindo as melloras pertinentes.

Que faremos?
Informar e promover a participación co fin de crear a rede de amigos/as do programa de ColeRoteiros. Para formar parte desta rede haberá que anotarse previamente. Unha vez admitidos/as recibirán un adhesivo, que deberán colocar nos seus escaparates para que poidan ser identificados con claridade polos nenos/as.


de-noite.jpg)