
O IES Soutomaior comprometido
co Medio Ambiente
Participa nas Brigadas!

Formamos conciencia

Por un IES limpo
1
BRIGADAS ECOLÓXICAS De que vai isto?


2
FÓRMATE COMO BRIGADISTA
3
AS BRIGADAS COMEZAN A ACTUAR

Fórmate nas Brigadas Ecolóxicas
LEMBRA: O mellor residuo é aquel que non se xera.

Papel - Cartón
- XORNAIS E REVISTAS
- CADERNOS E LIBROS
- PAPEL DE EMBALAR
- CAIXAS DE CARTÓN CARTÓNS DE OVOS
- BRICKS
- PAPEL E CARTÓN SUCIOS DE GRAXA

VIDRIO
- BOTELLAS DE VIDRO
- FRASCOS DE VIDRO
- TARROS DE VIDRO
- TAPAS, TAPÓNS, CORCHOS
- VASOS E VAIXELA
- ESPELLOS

ENVASES LIXEIROS
- BOTELLAS DE PLÁSTICO
- LATAS DE BEBIDAS OU CONSERVAS
- BRICKS DE LEITE, VIÑO, ZUMES…
- BANDEXAS DE POREXPÁN
- REDES PLÁSTICAS DE FROITA OU VERDURAS
- PLÁSTICOS FILME: BOLSAS FINAS, ENVOLTORIOS
- TAPÓNS E TAPAS METÁLICAS
- OUTROS ENVASES: BOLERÍA INDUSTRIAL, APERITIVOS…
Programa educativo de brigadas ecolóxicas xuvenís
O Concello de Soutomaior presentou ante case 80 alumnos de 1º da ESO o seu programa educativo “Brigadas Ecolóxicas”. Un proxecto realizado coa colaboración do Departamento de Bioloxía do IES Soutomaior que ten como obxectivo fomentar a concienciación ambiental entre o alumnado do centro a través diversas accións e iniciativas.
Ademais, o Concello colaborará achegando novos materiais de reciclaxe para formar, xunto ao composteiro instalado recentemente, unha illa completa de recollida selectiva de residuos para o uso exclusivo do centro.
O programa de “Brigadas Ecolóxicas” comezou coa primeira charla dirixida aos alumnos de 1º da ESO. Nela expuxéronse conceptos básicos sobre as casusas do cambio climático e organizouse un pequeno xogo no que grupos de alumnos expoñían as accións que se poden levar a cabo para combatelo. Ao finalizar, explicáronse as seguintes fases do proxecto e animouse aos alumnos para participar nas seguintes actividades.
A seguinte fase do programa desenvolverase o 26 deste mes no Multiusos de Arcade. Trátase dun taller creativo no que os alumnos darán vida aos residuos máis habituais nun centro educativo confeccionando traxes e disfraces, humanizando os restos e reforzando a reflexión sobre a orixe e o uso que as persoas damos a eses desperdicios
Por último, a partir do 20 de xaneiro, os brigadistas ecolóxicos comezarán a actuar no IES Soutomaior. A través de campañas de concienciación entre os seus compañeiros, repartición de bolsas de papel na cafetería do centro e outras actividades, os alumnos poñerán en relevancia o impacto ambiental do seu centro educativo e fomentarán medidas para reducilo.
