EU POÑO A MÁSCARA POR “....”
EU POÑO A MÁSCARA POR “....”

E TÍ, A QUEN PROTEXES?
Esta campaña ten como finalidade a de sensibilizarnos sobre o uso da máscara en todos os contextos e momentos das nosas vidas cando compartimos espazos con outras persoas e non podemos manter a distancia de seguridade. Non é o único é elemento preventivos fronte á pandemia COVID-19 pero é moi importante para evitar contaxios e que se siga propagando.
Por iso, con esta campaña quérese reforzar o traballo que estamos a realizar entre todos e todas poñéndose en valor os esforzos que cada un e cada unha de nós fai no seu día a día para protexer ás demais persoas, a todas e cada unha. Persoas que son importantes nas nosas vidas e ás que queremos protexer de xeito que se cada persoa cumpre as normas pensando nas súas persoas máis próximas e máis queridas entón seremos moitas as persoas que estamos loitando contra esta pandemia día a día.


INSCRICIÓNS
O prazo de participación será desde 23 de novembro ata o 18 de decembro de 2020.
Admitiranse a sorteo soamente os vídeo presentadas durante este tempo.
Quen pode participar?
Requisitos: Mozos e mozas de 10 a 35 anos empadroadas/as no Concello de Soutomaior.
Tamén poderán participar persoas non empadroadas que sexa alumnado das Escolas Municipais de Debuxo e Pintura, Teatro, bailes latinos, danza do ventre.
No caso de ser menores de idade cando te inscribas será necesaria a autorización de teu pai/nai/representante legal.

SE PARTICIPO, QUE PASA?
- Formarás parte da rede de Heroínas e Heroes con Máscara.
- Recibirás na túa casa a túa MÁSCARA PERSONALIZADA CO LOGO da campaña.
- Entrarás no SORTEO de 2 ORDENADORES PORTÁTILES
OS VÍDEOS DAS HEROÍNAS E HEROES
CON MÁSCARA DE SOUTOMAIOR
OS VIDEOS DAS HEROÍNAS E HÉROES
CON MÁSCARA DE SOUTOMAIOR
Noe Parada Fariña
Unai Parada Fariña
Borja Martinez Ocampo
Santiago Aguirre Gomez Corta
Manuel Del Río Lago
Lucía Cima Orge
Iria Garrido Escudero
Marcos Bouzón Gil
Alexia Bouzón Gil
Noa Iglesias Conde
Judith Duarte Raña
Antón Garrido Escudero
Fiz Garrido Escudero
Marina Portela Vidal
María del Mar Ruíz Ramírez
Lola e José Álvarez Arza