
Descrición
DESCRICIÓN
Diversidade é un programa de intervención comunitaria para dar visibilidade e promover a tolerancia, a dignidade, a non discriminación e a igualdade de dereitos ante a lei das persoas LGTBI+, de xeito transversal pero reclamando mais atención entre o 17 de maio, Día Internacional contra a Homofobía, a Transfobía e a Bifobia e o 28 xuño Día Internacional do Orgullo LGTB. Promover a sensibilización e tolerancia, dando voz e ocupando espazos para as súas reivindicacións.
Obxectivos
OBXECTIVOS
- Visibilizar o feminismo e a comunidade LGTB+ nos espazos e sonas comúns.
- Educar en igualdade e diversidade sexual.
- Sensibilizar as diferentes realidades existentes en relación ás identidades e orientacións sexuais.
- Promover a identificación, visibilización e a denuncia das agresións.

CIM Soutomaior
NOVAS DE ESPAZO DIVERSIDADE
29-06-2022 / Espazo Diversidade (Igualdade)
Este venres pechamos o mes do Orgullo cun acto no Multiúsos que pretende homenaxear a todos e todas as que seguen loitando pola súa liberdade. Será a partir das 19.00 h, cando María Faltri presente “Soñando Inventei”, un espectáculo musical para toda a familia. Ás 20.00 será a quenda de “Benquerer(se)”: poesía, música e humor dirixidos a un público xuvenil e adulto. Por último, Susana Seivane tocará algúns dos seus éxitos en solitario para poñer fin ao evento. Tamén haberá tempo para que un...
28-06-2022 / Espazo Diversidade (Igualdade)
Sumámonos ás reivindicacións polo Día do Orgullo. A bandeira que onte colgaba...
11-05-2022 / Espazo Diversidade (Igualdade)
Arcade estrea o vindeiro venres día 20 un novo espazo polo que...
01-06-2021 / Espazo Diversidade (Igualdade)
O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Igualdade pon en...