Participaremos sen distinción.
Non hai idades nin diversidades que limiten, é cuestión de actitude.
PROGRAMA
Creando en Especial
Expón materiais para traballar os trastornos do espectro do Autismo e TDAH e, dinámicas para comunicar e descubrir con pictos.
XINCANA
Xoga, empatiza e estimula os sentidos. Entende a diversidade.
QUE DIS?... CAPACIDADE SI, MOITA
Con este lema o Concello de Soutomaior programa para este sábado 2 de decembro en Talorío de actividades lúdicas e de sensibilización co gallo do “día internacional da discapacidade”(termo recoñecido así pola OMS).
A Concellería de Educación promove esta xornada cun enfoque positivo e participativo para promover unha educación inclusiva e fomentar a reflexión poñendo énfase nas capacidades; por iso, falamos dunha xornada sobre a diversidade funcional e non dunha xornada sobre a discapacidade porque entendemos que as diferenzas non se deben destacar desde unha visión negativa, que implique enfermidade, deficiencia ou falta de… senón desde o poder e o ser capaz, desde o positivo porque ser diferente non pode ser tráumático nin negativo.
Trátase de visibilizar as diferentes capacidades das persoas, de sensibilizar sobre importancia de normalizar a vida sen a exposición continua aos prexuízos dos demais e de contribuír na construción en positivo dun presente e futuro inclusivo e igualitario.
Debuxando a cegas
Imos debuxar a cegas a partir de obxectos que tocamos, para logo identificar as formas e os debuxos, creando un xogo de adiviñanza a través da expresión plástica.
Obradoiro 1
Transformamos bolsas de ostomización con significados especiais, diversos e creativos.
Cada vez hai máis persoas novas que por diferentes causas son ostomizadas e teñen que usar estas bolsas. Co obradoiro as persoas poderán coñecer que significa levalas e, recibir pautas sobre como normalizar estas situacións.
Obradoiro 2
"O Círculo Máxico"
Este obradoiro creativo e lúdico os rapaces e rapazas podrán colorear os seus círculos azuis e decorar o resto do debuxo. Despois montarán o círculo máxico e ao facelo xirar, verán como se mide a glicemia. Un xesto que un menor con diabetes debe facer moitas veces no seu día a día.