Venres, 21 Febreiro 2020 12:59

Os hostaleiros do Concello de Soutomaior incluirán o “Caldo de Gloria” no seu menú

Os hostaleiros do Concello de Soutomaior incluirán o “Caldo de Gloria” no seu menú

Dez restaurantes do Concello sumaranse este luns á proposta da concellería de Comercio para celebrar o aniversario de Rosalía de Castro cunha homenaxe nos seus menús, o coñecido “Caldo de Gloria”.

A iniciativa consiste en ofertar este histórico prato cun acompañamento moi especial, os poemas de Rosalía escritos nos seus manteis e como adorno das súas mesas. A iniciativa, impulsada pola Fundación Rosalía de Castro, está inspirada no poema “ Miña casiña, meu lareira” do libro “ Follas Novas”. Nel, a poetisa relata, en voz dunha muller pobre, a épica diaria da supervivencia. Paso a paso, a muller explica como facer un “caldo de gloria” cos poucos recursos que pode conseguir. Unha receita humilde pero enche de significado social que agora serve como homenaxe á artista máis recoñecida da literatura galega.

Os hostaleiros que se unen á celebración son os restaurantes Avenida, Bodegón, A Casa do Muelle, Veiramar,  Recreo de Arcade, Quedamos, a Mariscaría Arcade, a churrasquería A Muxíca, a tapería A Lareira o Bar O Piñeiro e Casa Calvar.

Os interesados en gozar da iniciativa poden consultar os establecementos colaboradores de toda Galicia na web da Fundación Rosalía de Castro. Ademais estarán sinalizados cun cartel nas súas portas.


Publicado en Turismo
Visto 1604 veces

Turismo

XX Certame da Camelia

XX Certame da Camelia

11-03-2022 / Certame da Camelia

A XX edición do Certame da Camelia celébrase esta fin de semana 12 e 13 de marzo.  O Castelo de Soutomaior, coa súa gran colección de exemplares desta olorosa e apreciada...

Inscricións XX Certame da Camelia

Inscricións XX Certame da Camelia

21-02-2022 / Certame da Camelia

Xa está aberto o prazo para realizar as inscricións do XX Certame da Camelia que terá lugar os días 12 e 13 de marzo no castelo de Soutomaior. O prazo finalizará...

Acendido luces de Nadal

Acendido luces de Nadal

24-11-2021 / Turismo

O Concello de Soutomaior xa está preparado para recibir o Nadal. O Concello ten preparada unha gran festa infantil para celebrar o inicio dos festexos que culminará co aceso da iluminación...

Visita guiada e teatralizada á Illa de San Simón

12-07-2021 / Turismo

Miércoles 11 de agosto de 16,30 a 20,00 horas Actividade conducida por una guía oficial e dinamizada polas monitoras e participantes do “Campo de voluntariado Illa de San Simon. “Coñece” a Mendiño...

Exposición fotográfica ‘saborEarte’

30-06-2021 / Turismo

 Dende o luns 28 de xuño e ata o 6 de xullo, a exposición poderá visitarse no Multiusos de Arcade . A mostra recolle as imaxes obtidas nos eventos gastronómicos celebrados...

‘SaborEarte’ chega a Soutomaior con ostras e viño como protagonistas

06-05-2021 / Turismo

O vindeiro sábado, 8 de maio, ás 18:00 h, o Castelo de Soutomaior acollerá o segundo evento saborEarte. Esta iniciativa cultural, que aúna gastronomía e fotografía está subvencionada polo programa...

Acendido luces de Nadal

02-12-2020 / Turismo

Sábado 5 de decembro ás 18,15 h. – Alameda de Talo Río Este próximo sábado, 5 de decembro, ás 18,15 h. procederase ao aceso das luces de Nadal 2020 na Alameda...

Biblioverán 2020

20-07-2020 / Turismo

Dende a Concellería de Cultura, un verán máis se pon en marcha a actividade “Biblioverán” co obxectivo de fomentar a lectura coma fonte de enriquecimento cultural tamén nos espacios de...