Image

"Coidado: participio do verbo coidar. Realizado ou presentado con esmero e meticulosidade. Acción de coidar. Temor de que ocorra ou vaia ocorrer algo malo. Usado para advertir a alguén dun posible perigo... "

E logo? ti que fas para coidar, coidarte e coidarnos?

Neste tempos de confinamento no que o Coronavirus ocúpao todo dun xeito transversal  e universal  cómpre pararnos a pensar e reflexionar, pois é certo que ten limitados os nosos movementos físicos pero tamén é certo que non pode parar a nosa capacidade de viaxar polo noso universo interior. Nin tampouco pode limitar a nosa capacidade de compartir e  expandir ese universo ao resto da comunidade para axudar e axudarnos mediante a nosa experiencias e aprendizaxes.

O OBXECTIVO desta iniciativa é dar visibilidade ós coidados como a forma máis produtiva de dar e manter a vida. Un compromiso social interxeneracional que habitúe á responsabilización colectiva no sostemento económico -afectivo  do fogar desde a xenerosidade das persoas e das comunidades para coidar e coidarnos.

PROPOÑÉMOSVOS UN DOBRE RETO:

Image

FASE 1. PREPARACIÓN DOS TENDAIS

Durante o período actual de confinamento PREPARAR OS TENDAIS nos que colguemos o que queremos compartir en relación ao autocoidado e aos coidados das demais persoas. Reflexionar e compartir coa comunidade:

  • que fago eu para coidarme?
  • como coidos ás demais persoas?
  • como nos corresponsabilizamos para coidar?...

Respostar a estas e outras moitas preguntas con ideas, propostas, estratexias para compartilas e axudar a outras persoas a coidar e coidarse.

IMPORTANTE, os tendais deben:

conter imaxinación, creación propia e diversidade e ser respectuosos. Porque cada quen tenderá algo moi persoal e especial que compartir que considere de utilidade ou que funciona e, polo tanto, terá o seu xeito de tender. 

visibles aproveitando os espazos domésticos polos que nos movemos estes días. Ex. balcóns, fiestras, terrazas, hortas domésticas... LEMBRADE  #euquedonacasa

reutilizamos e colgamos as nosas propostas en soportes e usando material que haxa na casa.

compartimos a través da canle de youtube identificando o noso vídeo sempre co título do tendal  para que poidamos identificalo e vinculalo á persoa ou persoas a quenes pertence:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLYPvuJ_F58XQWCJmtfKIIdWCXprv32zfe&jct=ihiA8z3ANPm1WK-n-cI5y5Ydikl0eA

Esta é a canle aberta polo Concello de Soutomaior para albergar esta iniciativa co fin de visibilizar os procesos de creación do tendal e compartir as imaxes da evolución dos tendais porque o feito de non poder saír das casas limita que todas as persoas do Concello poidamos acceder e tamén a distancia dificulta a visibilidade do que se quere contar. E isto é moi importante porque o obxectivo e compartir durante este momento de confinamento para axudarnos.

PRAZO DESTA FASE: durará o tempo que dure o Estado de Alarma decretado.

FASE 2. POÑER Ó CLAREO OS COIDADOS.

En Galicia sempre houbo unha forte tradición do proceso de lavar a roupa e poñela ó clareo. Esta labor podía durar moito tempo porque era un proceso laborioso que as lavandeiras facían con esmero, agarimo e coidado porque era importante para o benestar das persoas que conformaban a comunidade e porque se soía facer en espazos comunitarios como os lavadoiros ou as eiras e campos onde as persoas se relacionaban e compartían.

E, aquí, comeza a segunda fase "a do clareo" que se iniciará cando remate o Estado de Alarma no  momento no que poidamos saír á rúa e volver á normalidade.

Que consistirá en:

2.1. PREPARACIÓN DA EXPOSICIÓN "POÑER Ó CLAREO OS COIDADOS"

Presentación dos Tendais: abrirase un prazo de presentación cando remate o Estado de Alarma para que as e os autoras presenten as súas pezas. No momento da entrega cubrirán un formulario de inscrición en liña cos datos principais para identificalo e logo poder recuperalo unha vez rematada a iniciativa. Na ficha recolleranse datos como: idades, nomes e apelidos, domicilio, categoría na que se presentan.

O prazo de entrega comunicarase a través da web do Concello e das redes sociais para que poidades entregar os vosos Tendais na OMIX ou CIM.

2.2. XUNTANZA DO CLAREO

Esta xornada realizarase nun día concreto, anunciado previamente con suficiente tempo de antelación (escollerase un  día de fin de semana). Será unha xornada festiva e participativa pensada para xuntarnos en comunidade, para xogar, bailar, escoitar música, participar en obradoiros e enredar arredor dos tendais que estarán expostos  simbolicamente.

A xornada realizarase ó aire libre nun lugar emblemático do Concello de Soutomaior.

Mediante esta exposición dos tendais todos os veciños e veciñas poderemos compartir as experiencias vividas durante esta etapa difícil das nosas vidas, as iniciativas postas en marcha para levar a corentena do mellor xeito posible...os tendais será a proba de todas estas accións compartidas e construídas entre todos os veciños e veciñas de Arcade e de Soutomaior. Será o resultado das nosas reflexións, pensamentos e accións. 

PRAZO DESTA FASE: comezará cando remate o Estado de Alarma decretado e resolverase no prazo máximo de 2 meses.

 

Organización da Exposición

De cara á organización da exposición dos Tendais presentados farase unha agrupación por temáticas tendo en conta as seguintes modalidade:

MODALIDADE "PERSPECTIVAS"

  • CLAREO MIÚDO (ata 11 anos)
  • CLAREO ADOLESCENTE (12 a 17 anos)
  • CLAREO XUVENIL (18 a 35 anos)
  • CLAREO ADULTO (36 ata 55)
  • CLAREO 3º IDADE (56 anos  en diante)
Explicación da modalidade:

Cada persoa percibe de xeito diferente en función do seu momento vital, das súas necesidades dando respostas diferentes e por iso queremos recoller as propostas desde cada perspectiva vital.

 

MODALIDADE "MICROCOMUNIDADES DE RESISTENCIA"

(para todos os membros da unidade familiar de convivencia durante o Estado de Alarma)

  • TENDAL CREATIVO

Materias usados para tender, imaxinación no uso e na variedade de recursos, enxeño, o sentido do que se comparte,...

  • TENDAL BO TRATO

a idea que se comparte, as emocións que se comunican, os autocoidados e as propostas para coidar a outras persoas, a axuda ofrecida, a colaboración,...

  • TENDAL REDES

Compartido de balcón a balcón, como construír redes desde a distancia física.

DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DA INICIATIVA

Utilizaremos as redes sociais fundamentalmente :

Para que poidades ir subindo as vosas propostas durante a fase de duración do Estado de Alarma abrirase unha canle de YOUTUBE:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLYPvuJ_F58XQWCJmtfKIIdWCXprv32zfe&jct=ihiA8z3ANPm1WK-n-cI5y5Ydikl0eA


AGRADECEMENTOS Á PARTICIPACIÓN

O Concello de Soutomaior entregará un agasallo a todas as persoas que participen e un diploma conmemorativo. A maiores tamén se entregará un diploma cunha especial mención os “Tendais” que mellor recollan o espírito solidario desta iniciativa.

OBSERVACIÓNS XERAIS

Co o fin de poder levar a cabo cantas accións promocionais e de difusión da iniciativa se consideren necesarias por parte do Concello, todas as persoas que participen autorizarán a cesión das imaxes con carácter de balde, os dereitos de reprodución e comunicación pública das imaxes e textos presentados.

A cesión destes dereitos quedará circunscrita unicamente ao ámbito da iniciativa e a súa posible exposición posterior e permitirá ó Concello de Soutomaior tanto transformar as pezas tecnicamente na medida en que iso sexa necesario para adecualas ao formato, imaxe ou aparencia de Internet ou calquera outra tecnoloxía susceptible de adscrición a Internet, como reproducila nos soportes físicos que estimen convenientes para a exposición sempre respectando o traballo realizado polas persoas.

O Concello de Soutomaior resérvase o dereito a rexeitar aqueles tendais presentados que ao seu xuízo non cumpran as condicións fixadas nas bases, ou aquelas que polos seus contidos vulneren dereitos fundamentais.

Deste mesmo xeito todos aqueles vídeos subidos a youtube que non cumpran coas normas da iniciativa ou se consideren atentan contra dereitos fundamentais das persoas serán retirados inmediatamente.

A PARTICIPACIÓN NESTA INICIATIVA IMPLICA QUE SE ACEPTAN INTEGRAMENTE ESTAS BASES.

Image
Esta é a canle permite visibilizar os procesos de creación do tendal e compartir as imaxes da súa evolución para que todas e todos poidamos COMPARTIR durante este momento de confinamento as propostas que colgamos nos nosos TENDAIS! Moi importante para: axudar, xerar ideas, superar os medos, coidanos...

TENDAIS COMUNITARIOS: os coidados ó clareo

Tendais Comunitarios Antía Viéitez

A caixa de soños!!! Antía Viéitez comparte unha nova propostas para coidar e coidarnos coa imaxinación, os soños e os desexos!!! Noraboa Antía e moitas grazas por compartir esta sinxela forma de seguir mantendo a esperanza e as forzas antes unha situación tan incerta.

21 May 2020
Tendais Comunitarios Antía Viéitez
Tendais Comunitarios Antía Viéitez
Views: 36
03:46
21 April 2020
POP UP Castelo Soutomaior, PARA
POP UP Castelo Soutomaior, PARA TENDER
Views: 40
00:16
19 April 2020
TENDEMOS MANS
TENDEMOS MANS
Views: 558
06:07
7 April 2020
ACTIVIDADES DIVERTIDAS. SACAPENAS
ACTIVIDADES DIVERTIDAS. SACAPENAS
Views: 276
08:10

POP-UP

NOS TENDAIS TAMÉN PODEMOS COLGAR...

Lugares emblemáticos do Concello de Soutomaior "ideas para facer un POP-UP sinxelo e reproducir eses lugares para compartilos nos Tendais comunitarios" Exemplo, instruccións para reproducir o Castelo de Soutomaior, por Fabián Piñeiro.

Como engadir
os teus videos

Para participar debes ter unha conta en Youtube. Engade á nosa Lista de Reproducción Tendais Comunitarios do Concello de Soutomaior a túa canle, e garda os teus videos nesta lista.

Utiliza este enlace para suscribirte e enlazar a lista: 
https://www.youtube.com/playlist?list=PLYPvuJ_F58XQWCJmtfKIIdWCXprv32zfe&jct=ihiA8z3ANPm1WK-n-cI5y5Ydikl0eA

PASO 1

Image

PASO 2

Image