Mércores, 07 Outubro 2020 10:06

Roteiros medioambientais: O MONTE SIRADELLA E INTERMAREAL DA LANZADA

Roteiros medioambientais: O MONTE SIRADELLA E INTERMAREAL DA LANZADA

O Concello de Soutomaior convoca este roteiro e actividade de sensibilización  medioambiental que terá lugar o domingo 18 de outubro pola mañá. Será unha xornada moi completa na que as persoas participantes poderán participar nunha visita guiada á Aula de Natureza do Monte Siradella e os seus arredores co fin de coñecer este espazo natural e todos os recursos ambientais, paisaxísticos, de flora e fauna, ... que alberga. Despois de visitar a aula tamén se realizará un pequeno roteiro polo intermareal da Lanzada onde se explicará a súa riqueza, funcionalidades, aves que habitan nel e flora. Recoméndase que se se dispón de prismáticos se leven porque esta é unha época moi interesante para ver moitas aves. A actividade será de balde e incluirá a organización e tamén o transporte de ida e volta que se realizará en autobús.

En cum`primento da nova normativa en relación á COVID-19 as prazas serán limitadas (18 prazas en total). Unha vez lugar contaremos con dúas guías para poder dividir o grupo en 9+9 e esta ratio manterase durante toda a xornada co fin de poder manter as distancias e que as explicacións se poidan realizar con maior calidade. 

Para participar haberá que inscribirse previamente ata o 14 de outubro EN LIÑA:  https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2440/roteiro-monte-siradella-e-intermareal-da-lanzada

Para calquera dúbida que teñades podedes poñervos en contacto coa OMIX 986700822 - 638822868 ou por correo en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

DESCRICIÓN DA XORNADA

HORARIO 
 
Saídas
  • 9.25 h Casa Concello Soutomaior
  • 9.30 h Cruce de Pierres Arcade 
Chegadas:
  • 15.00 h Cruce de Pierres Arcade
  • 15.05 h Casa do Concello
BREVE DESCRICIÓN 
O monte Siradella, con 166 metros é o punto máis alto da península do Grove desde onde se domina coa vista a praia da Lanzada e todo o concello, xunto co Complexo Intermareal existente na zona. No alto do monte sitúase un Centro de Interpretación da Natureza que visitaremos. O persoal guía do centro de interpretación acompañaranos para comprender a natureza e a súa importancia.
 
  • 10:30 Recepción na Aula de Natureza do Monte Siradella e visita comentada aos miradores. Pequeno percorrido.
  • 11:15 Visita guiada á exposición e visionado do vídeo (7min)
  • 12:00 Visita á Lanzada.
    • Percorrido pola praia, comentando restos de arribazón e vida no intermareal rochoso. 
    • Formacións da vexetación dunar e as súas adaptacións. Evolución do istmo. 
  • 13:45 Observación de aves acuáticas no istmo de O Bao. 
  • 14:15 Remate da actividade guiada. REGRESO 
 
CARACTERÍSTICAS: Dificultade baixa
TEMPO ESTIMADO: medio día
IDADES: todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade
INICIO: Monte Siradella (o Grove)
CUSTE: de balde

 

OBRIGATORIO: máscara facial (protección Coronarirus).

Material recomendado para realizar a actividade:

  • Roupa adecuada á metereoloxía (ter en conta que haberá zonas de exposición ao vento).
  • Calzado adecuado para camiñar, con sola forte e rugosa.
  • Recomendable material de observación se teñen dispoñibilidade: telescopios, prismáticos, Etc.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío), ...
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.

IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

 


Visto 44 veces


Roteiros Medioambientais

Roteiros medioambientais: O MONTE SIRADE…

07-10-2020 Roteiros Medioambientais

O Concello de Soutomaior convoca este roteiro e actividade de sensibilización  medioambiental que terá lugar o domingo 18 de outubro pola mañá. Será unha xornada moi completa na que as...

Novos roteiros medio ambientais!

24-10-2019 / Roteiros Medioambientais

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...

Recunchos máxicos: dende as Alvedosas ata o Ulló

07-10-2019 / Roteiros Medioambientais

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...

Roteiro medio ambiental "A Pedra e a Auga"

15-01-2019 / Roteiros Medioambientais

Poñemos en marcha de novo o programa  municipal Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e...

Inscrición aberta para o Roteiro "Polas sendas da pesca". Domingo 6 de maio

09-04-2018 / Roteiros Medioambientais

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no roteiro segundo roteiro organizado para este trimestre dentro do programa municipal de educación medio ambiental de Roteiro medio ambientais guiados: coñece o teu entorno e arredores". O roteiro realizarase si o tempo o permite o domingo 6 de maio de 2018.  O percorrido comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai...

Domingo 8 de abril Roteiro medio ambiental "Os vellos camiños da Montesiña".

26-03-2018 / Roteiros Medioambientais

O Concello de Soutomaior inicia neste trimestre o programa de Roteiros Medio Ambientais con novas datas e propostas para disfrutas de actividade na natureza e de educación medio ambiental.  O programa ten como obxectivos coñecer os valores medio ambientais do noso Concello da man dunha guía. Promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a...

TV Concellería de Educación