Venres, 10 Novembro 2017 11:24

Soutomaior promove a igualdade entre escolas co programa "E ti...? que fas pola igualdade?

Soutomaior promove a igualdade entre escolas co programa "E ti...? que fas pola igualdade?

O Concello de Soutomaior, a través do seu Centro de Información Muller (CIM), e co apoio da Deputación de Pontevedra, organiza o programa "E ti? ... que fas pola igualdade?" Durante todo o mes de novembro, que ten como obxectivo promover a igualdade de xénero entre os escolares do municipio e chegarán a estudantes de todos os cursos, de 1º de primaria a 4º de ESO.

A través de sesións de 100 minutos por curso, a iniciativa pretende sensibilizar ao alumnado sobre a igualdade de xénero, analizar como adquiren roles de xénero e estereotipos e o papel que xogamos os adultos no seu contorno para a súa infancia, principalmente modelos e referentes familiares .

Cada sesión terá unha primeira parte de sensibilización e formación inicial na que se analizarán os estereotipos de xénero, os modelos de convivencia que promoven a desigualdade e conceptos como o sexismo. A continuación, crearanse grupos de traballo nos que os alumnos elaborarán mensaxes e reflexións nas que expresarán o que fan pola igualdade. 

A Concelleira  de Igualdade, Cristina González Piedras, presentou esta mañá o programa ante un  grupo de alumnos. "A idea fundamental é abordar o problema da desigualdade a través da educación durante a infancia, que é cando se forman os roles de xénero e se establecen as bases das relacións", explicou González durante a presentación, engadindo que "estes programas son moi efectivos, porque son aplicados no momento e no camiño correcto ".


Publicado en Igualdade
Visto 2096 veces

Igualdade

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

28-06-2023 / Espazo Diversidade (Igualdade)

Desde o Concello de Soutomaior este 28 de Xuño queremos lembrar a toda as persoas que marcaron un antes e un despois na historia da nosa comunidade LGTBIQA+. Persoas que alzaron a súa voz ante o sistema e visibilizaron, desde o seu activismo cotiá, unha realidade DIVERSA afectivo-sexual que fai a nosa comunidade máis nutritiva e enriquecedora para todas.   Falamos de...

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

12-05-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

 Este ano os campamentos de conciliación familiar esténdense todo o verán. Comezamos o día 26 de xuño co xa habitual ‘Campamento Concilia’, que se dividirá en tres quendas ata o...

Emoción e diversión no primeiro día de Campamento Concilia de Semana Santa

Emoción e diversión no primeiro día de Campamento Concilia de Semana Santa

04-04-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

Hoxe foi o primeiro dia do Campamento Concilia de Semana Santa. Media centena de cativos e cativas pasaron unha mañá divertida cos seus amigos. Esta iniciativa, que xa ven sendo...

Comeza o curso de Arteterapia

21-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

Hoxe tivo lugar a primeira sesión de Arteterapia, un obradoiro que promete mellorar a autoconciencia e a calidade de vida das súas participantes. Esta iniciativa, que se encadra dentro do...

O Programa "Enredadas" dinamiza as Asociacións Veciñais con vogalía de muller

16-03-2023 / Espazo Redes (Igualdade)

Hoxe tivo lugar unha nova reunión cas asociacións de mulleres e veciñais con vogalía de muller do noso concello. Estas reunións, que fan parte do Programa Enredadas teñen como obxectivo...

Presentamos o Campamento para favorecer a conciliación familiar en Semana Santa

15-03-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

O alcalde e a Concelleira de Igualdade presentaron o Campamento Concilia de Semana Santa. Esta iniciativa do Concello, organizada a través do CIM, busca ofrecer unha alternativa de conciliación familiar...

Arrinca a programación do 8M ca presentación dunha Guía Didáctica

08-03-2023 / 8M (Igualdade)

Hoxe comezamos ca programación do 8M ca presentación da Guía Didáctica ‘Historia do Movemento Feminista 1975 -1983’, elaborada pola nosa veciña Raquel Fernández. A obra fai un repaso á historia do...

A concelleira presenta as novas sesións de Arteterapia

07-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

O CIM ofrece un novo obradoiro dentro do Espazo de Autocoidado. Nesta ocasión será de Arteterapia. Todas as interesadas poden inscribirse xa nesta iniciativa que terá lugar os martes de...