Venres, 06 Mai 2022 11:01

Centos de estudantes entusiasmados na Feira da Ciencia de Soutomaior

Centos de estudantes entusiasmados na Feira da Ciencia de Soutomaior

Onte foi un día especial para moitos/as estudantes dos institutos do  Concello. Tras meses de preparación, traballo e estudo, por fin puideron mostrar ante todos os seus veciños o froito do seu esforzo. Onte, a alameda de Talo Río acolleu durante todo o día un tráfico constante de curiosos e curiosas, alumnos e alumnas doutros centros, e pais e nais orgullosos por ver aos seus fillos e fillas expoñer ante a multitude os seus proxectos científicos.

Ás 10.00 horas, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, inaugurou xunto á  concelleira de Educación, Fátima Vidal, e á  concelleira de  Xuventude, Noelia Ocampo, a Feira, dando inicio a unha xornada que contou con varios  obradoiros destinados tanto a público infantil como a público adulto, ademais de preto dunha vintena de expositores.

Durante a mañá, a Feira recibiu a visita de varios centros escolares tanto de dentro como de fóra de Soutomaior. As visitas guiadas que  disponibilizou o  Concello permitiron a escolares e outras agrupacións como centros de día, percorrer todos os postos. Ademais, cada visitante puido votar pola súa stand preferido, uns votos que, xunto aos do xurado ‘profesional’, foron clave na entrega de premios do final.

Xa pola tarde, notouse unha maior afluencia de veciños/as e público adulto. Moitos pais e nais acudiron a partir das 16.00 horas á Feira para descubrir o resultado do proxecto no que tanto traballara o seu/sua fillo/a.

Para finalizar este evento, e tras un breve, pero intenso, espectáculo de ciencia, tivo lugar a entrega de premios. Ademais, entregouse a cada participante un diploma, así como aos profesores/as involucrados/as.

A I Feira da Ciencia de Soutomaior, é colofón final do Plan  Divulgaciencia, que conta co apoio dá  FECYT e  do Ministerio de Ciencia e Innovación e que leva meses achegando todo tipo de talleres científicos aos centros escolares de Soutomaior.


Visto 625 veces

Ensino

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día.  Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados.  Desta forma...

II Feira de Ciencia

II Feira de Ciencia

02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro "As Illas Cíes por terra e por mar"

02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...

O alumnado do IES Soutomaior achegouse á programación informática

14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...

Celebramos a primeira sesión de "Capacidade, SI moitas"

04-12-2022 / Ensino

Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...

Moi bo ambiente e entusiasmo no campamento dos Peares

12-08-2022 / Ensino

 O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...