Xoves, 07 Abril 2022 14:03

Na Alameda Talo Río

O Concello aposta pola literatura ca primeira Feira do Libro de Soutomaior

O Alcalde Reguera xunto as concelleiras de Xuventude e Educación mostran o cartel da Feira do Libro O Alcalde Reguera xunto as concelleiras de Xuventude e Educación mostran o cartel da Feira do Libro / Foto: Concello de Soutomaior

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e as concelleiras de Mocidade e Educación, Noelia Ocampo e Fátima Vidal, presentaron hoxe o programa da  Feira  do Libro que se celebrará na Alameda de Talo Río durante os días 22 e 23 deste mes. A Feira terá lugar o venres de 17.00 a 20.00 horas e o sábado de 10.00 a 14.00 horas pola mañá e de 17.00 a 20.00 horas en horario de tarde. 
Durante a presentación, os tres destacaron a importancia deste evento, que pretende achegar a literatura á  veciñanza de Soutomaior, independentemente da súa idade e formación. “Esta Feira do Libro está pensada para todos os públicos”, asegurou Noelia Ocampo antes de sinalar que “os lectores empedernidos poderán atopar coloquios, firmas de libros e conversacións cos autores, mentres que para os lectores casuais, ou quen estea buscando unha oportunidade para meterse neste mundo, haberá espectáculos e conferencias das principais editoriais que, seguro, axudaranos a atopar o seu libro ideal”.
Entre as invitadas atópanse as principais editoriais galegas, que non se quixeron perder a oportunidade de asistir a esta primeira edición da Feira do Libro de Soutomaior. Entre elas,  Miudiño; Galaxia;  Brazolinda; O  Papagaio; Cuarto de  inverno;   Wow Play;  Polygonestudios ou Tridelta. Tamén acudirán escritoras e escritores como Soledad García Rivero, Irene Alonso, ou Francisco Fernández Dávila.
Para os máis novos, haberá unha programación específica que cubrirá todas as franxas de idade, desde contacontos para os pequenos, ata conferencias sobre o mundo do cómic para o público xuvenil. Neste sentido, a  concelleira de Educación asegurou que “introducir aos nenos e adolescentes no mundo da literatura é unha misión que non sempre se consegue desde os centros escolares, aínda que en Soutomaior está a facerse un traballo espléndido, por exemplo, a través dos Clubs de lectura, que contan con moitos adeptos”. Ademais, a  edil de Educación lembrou que, xustamente para involucrar aos adolescentes na Feira, o acto de apertura correrá a cargo dos alumnos do IES Soutomaior e o Colexio Santiago Apóstol.
Durante o presentación anunciouse tamén a iniciativa ‘Aventúrate na Feira con  ROTI’.  ROTI, a mascota da Feira, entregará un pasaporte literario a todos os asistentes, que deberán ir coleccionando os selos dos diferentes postos. Cuantos máis selos acumulen, máis posibilidades haberá de gañar un agasallo nos sorteos que se realizarán ao final do evento.
“Queremos que a xente se involucre con esta iniciativa. É unha aposta nova e sabemos que o seu éxito depende en gran medida da participación veciñal. Para esta primeira edición conseguimos atraer a moitas editoriais de primeiro nivel, ademais de escritores de renome que virán presentar as súas obras a Soutomaior. Esta Feira é unha forma de achegar a cultura á  veciñanza e estamos seguros de que será todo un éxito”, sentenciou o alcalde, Agustín Reguera.

Cartel Cartel

Publicado en Soutomaior de Libro
Visto 927 veces

Ensino

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día.  Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados.  Desta forma...

II Feira de Ciencia

II Feira de Ciencia

02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro "As Illas Cíes por terra e por mar"

02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...

O alumnado do IES Soutomaior achegouse á programación informática

14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...

Celebramos a primeira sesión de "Capacidade, SI moitas"

04-12-2022 / Ensino

Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...

Moi bo ambiente e entusiasmo no campamento dos Peares

12-08-2022 / Ensino

 O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...