OBRADOIROS / Concellería de Mocidade  
Teatro-Infantil.jpg
Escola Municipal de Teatro infantil - xuvenil 2024-2025 

Inicio da actividade: 04-10-2024
Fin da actividade: 27-06-2025
Dias da actividade: Os venres
Horarios: Según opción
Destinatarios/as: 4 - 17 anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Público Infantil-Xuvenil
Prazas: 18 prazas/grupo
Acceso: De pago
Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións
Lugar da actividade: Casa da Cultura Rexina Míguez Noval, Soutomaior
Inscricións:  desde Luns 16 de setembro 2024 ás 17:00 h ata Xoves 26 de setembro 2024 ás: 17:00 h.

 

DESCRICIÓN

Transmitir ao alumnado coñecementos e técnicas básicas de expresión corporal e dramática, técnicas de vocalización e fala en público nun ambiente lúdico e distendido no que disfruten do traballo en grupo aprendendo dun xeito práctico e colectivo mediante dinámicas de educación non formal.

Destinatarios/as: para participar non se esixe nivel previo nin formación básica. Os grupos por idades aproximadas:

 

Horarios e grupos:

Itinerario: INFANTIL

  • Idades: 4 a 8 anos
  • Horarios: venres de 16:30 a 17:45 h.
  • Lugar: Casa da Cultura de Soutomaior “Regina Míguez Doval”.

Itinerario: XUVENIL 1 

  • Idades: 9 a 12 anos
  • Horarios: venres de 18:00 a 19:30 h.
  • Lugar: Casa da Cultura de Soutomaior “Regina Míguez Doval”.

Itinerario: XUVENIL 2

  • Idades: 12 a 17 anos
  • Horario:  venres de 19:45 a 21:15 h
  • Lugar: Casa da Cultura de Soutomaior “Regina Míguez Doval”.

 

Profesora: Tamara Campos 

IMPORTANTE: O alumnado inscrito no curso anterior deberá inscribirse novamente. A súa praza reservarase soamente ata que remate o prazo de inscrición. No caso de que neste prazo non se inscribese entón perderá a reserva de praza e adxudicarase ás persoas inscritas seguindo a orde de inscrición. 

A actividade ou grupo poderá cancelarse se non se cubren un mínimo de prazas.

* NON FAGA O PAGO, ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA. (Envío de mensaxe vía Whatsapp), * Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior

Horarios opcionais: Opción 1: Itinerario: INFANTIL Idades: 4 a 8 anos Horarios: venres de 16:30 a 17:45 h. Opción 2: Itinerario: XUVENIL 1 Idades: 9 a 12 anos Horarios: venres de 18:00 a 19:30 h. Opción 3: Itinerario: XUVENIL 2 Idades: 12 a 17 anos Horario: venres de 19:45 a 21:15 h Custe empadroados/as: 12€  (Custe total: 54€) Custe NON empadroados/as: 24€  (Custe total: 108€) Cotas: 4  Periodos de Pagos: 1ª outubro-novembro, 2ª decembro-xaneiro, 3ª febreiro-marzo, 4ª abril-maio Modo de pago: Bimensual (ou Custe total) Bonificacións: *Consultar posibles bonificacións Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago Forma de entrega: omix@soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 191