OBRADOIROS / Concellería de Igualdade  
campamento-de-verán-crianzas-3-11-anos.jpg
Trouleando en Soutomaior 2024 (3 - 11 anos) 
Inicio da actividade: 24-06-2024
Fin da actividade: 06-09-2024
Dias da actividade: 6 quendas
Horarios: A escoller
Destinatarios/as: 3 - 11 anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Público Infantil
Prazas: Prazas limitadas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

Inscricións:  ata 24 de maio 2024 ás: 14:00 h.
DESCRICIÓN

Normas para o campamento

Desde o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade, ponse en marcha o programa Espazo Concilia: Veraneando en Soutomaior,destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola para as familias do Concello de Soutomaior

 

Vai dirixido ás crianzas empadroados/as no Concello de Soutomaior de entre 3 e 11 anos de idade. O horario é de 9 da mañá ás 14 h, pero existe a posibilidade de entrar ás 8 h (aula matinal) e de saír ás 15 h.

Prazas limitadas

Polo tanto existen 4 horarios a escoller:

  • Opción 1: de 9 a 14 h.
  • Opción 2: de 8 a 14 h.
  • Opción 3: de 8 a 15 h.
  • Opción 4: de 9 a 15 h.

Este programa está subvencionado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 

 

Con relación ás inscrición e a asignación de prazas:

A inscrición das solicitudes poden facerse na páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou nas oficinas do CIM os martes  o venres  de 9 a 14 h.

Ata o venres 24 de maio ás 14:00 h.

 

Valoracións e puntuación:

Asignaránse prazas según criterios de vulnerabilidade, acreditándose no momento da inscrición

  • Familias empadroadas ou que traballen no termo municipal
  • Familias monomarentais/parentais-
  • Mulleres en situación de desemprego
  • Vítima de violencia de xénero
  • Perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares
  • Familias con diversidade funcional
  • Familias numerosas
  • Renda por debaixo de : 20.844,72€ 

 

Documentación a presentar na plataforma durante a inscrición:

Por favor, teña toda a documentación a mán, para enviala xunto coa solicitude.

NON se admitirán as solicitudes que NON estean acompañadas da documentación requerida.

  • DNI da crianza (de non dispoñer del, fotocopia do libro de familia)
  • DNI da nai e o pai
  • Acreditación dos criterios de vulnerabilidade
  • Declaración da renda  (Enviar todas as follas da declaración)*
  • Cumprimentar os anexos de autorización de toma de imaxes

As persoas que non presenten toda a documentación requirida, quedarán automaticamente excluídas da convocatoria. 

*Cómo comprimir varias imáxenes en 1 PDF: https://qrcd.org/59V5

 

Con relación ás quendas e horarios do campamento:

O Campamento desenvolverase durante os meses de xuño e xullo, no edificio Multiúsos de Arcade. Desta forma establécense as seguintes quendas:

 

  • 1º QUENDA : 24-28 Xuño de 2024
  • 2ª QUENDA: 1 -16 Xullo de 2024
  • 3º QUENDA : 17-31 de Xullo de 2024
  • 4º QUENDA: 1-14 de Agosto de 2024
  • 5º QUENDA: 16 -30 de Agosto de 2024
  • 6º QUENDA: 2 -6 de Setembro de 2024 

 

Con relación á asistencia no Campamento:

No caso de non acudir e o non alegar xusta causa do mais do 30% das horas nunha quenda, penalizarase de cara a futuras convocatorias dentro do programa de Espazo Concilia. Para resolver calquera tipo de dúbida, poden chamar o CIM 986 701 227, mércores ou venres, en horario de 9 a 14 h.

 

* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


 

Actividade
Datos do/a representante


Documento identidade do/a representante
Envíe o DNI/NIE/Pasaporte: jpg,jpeg,png,pdf
Participante 1
Documento identidade do Participante 1
Envíe o DNI/NIE/Pasaporte: jpg,jpeg,png,pdf

Engadir participante 2



Horario





Quendas y horarios

Pode seleccionar a/s quenda/s por orde de prefernecia. Cando súa solicitude sexa admitida será informado da quenda na que quedou.





































Recollen entregan menor
Observacións
Documentación a enviar

Por favor, teña toda a documentación a mán, para enviala xunto coa solicitude.
NON se admitirán as solicitudes que NON estean acompañadas da documentación requerida. 

*Cómo comprimir varias imáxenes en 1 PDF: https://qrcd.org/59V5

Lea e acepte as seguintes:

Condicións legais sobre Protección de Datos




Accesos : 1266