Category Image  CONCURSOS / Concellería de Mocidade   

XIX Concurso de Postais e Felicitacións de Nadal 2020 

 

Inicio da actividade: 18-11-2020
Fin da actividade: 16-12-2020
Inscricións ata: Mércores, 16. Decembro 2020
Destinatarios: 4 - 18 anos
Lugar da actividade: On-line

DESCRICIÓN

O Concurso de Postais e Felicitacións das festas de Nadal e aninovo pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega. 

Dadas as actuais circunstancias derivadas da COVID-19 este ano imos facer variacións que nos permitan realizar o concurso con seguridade e cumprindo todas as normas e medidas sanitarias.

FORMATO POSTAIS:

POSTAIS- MODALIDADE SIMPLE (sen volume)

  • Categoría A: idades de 2 a 4 anos
  • Categoría B: idades de 5 a 8 anos
  • Categoría C: idades de 9 a 12 anos
  • Categoría D: idades de 13 a 18 anos

POSTAIS- MODALIDADE TRIDIMENSIONAL-VOLUMINOSA (con volume, altura, anchura e profundidade). 

  • Categoría T1: 5 a 8 anos
  • Categoría T2: 9 a 12 anos
  • Categoría T3: 13 a 18 anos

FELICITACIÓN AUDIOVISUAL - MODALIDADE VÍDEO

  • Categoría A1: 5 a 8 anos
  • Categoría A2: 9 a 12 anos
  • Categoría A3: 13 a 18 anos
  • Categoría AF: familiar. Todas as idades.

 

Prazo de presentación

O prazo de presentación para todas as modalidades REMATARÁ O MÉRCORES 16 DE DECEMBRO ÁS 14.00 HORAS. 

A votación popular na web pecharase o domingo 20 de decembro ás 23.00 h

 

Modo de pago: Non reporta pago

 

Actividade de Nadal - Inscrición en LIÑA - Postais Nadal 2020

 


Accesos : 910