BREVE DESCRICIÓN
Neste roteiro centrarémonos na riqueza natural, patrimonial, artes e cultura que nos proporciona a legado arqueolóxico que temos en Galicia, en concreto, visitaremos o parque arqueolóxico de arte rupestre de Campo Lameiro. Un espazo para o coñecemento a participación e a experimentación sobre o patrimonio e a prehistoria galega. Realizaremos varias actividades neste espazo que conta cun itinerario de máis de 3 km de lonxitude para participar nas seguintes actividades:
-
10:00 Recepción no Parque.
-
10:30 Visita libre pola área expositiva.
-
10:30 – 12:30 Inicio da ruta guiada pola área arqueolóxica.
-
12:30 – 12:40 Descanso
-
12:40 – 13:40 Actividade “Arqueólogo/a por un día”.
-
13:40 – 14:00 Exhibición de lume
-
14:30 Xantar e tempo libre
-
16:30 Regreso Arcade - Soutomaior.
HORARIOS BUS
Saídas:
-
9.00 h Casa Concello Soutomaior
-
9.05 h Cruce de Pierres Arcade
Chegadas:
-
17.30 h Cruce de Pierres Arcade
-
17.35 h Casa do Concello
CARACTERÍSTICAS
Dificultade baixa- Percorrido por pista de monte aproveitando. Lonxitude: 3km, aprox.
INSCRICIÓNS:
-
Teñen preferencias as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Cubriranse por orde de inscrición.
-
As persoas que estean penalizadas por non asistir ás anteriores sen causa xustificada pasarán á lista de agarda.
-
No caso de quedar prazas vacantes entón poderán entrar as persoas da lista de agarda que non estén empadroadas e as persoas con penalización.
-
As persoas inscritas unha vez que lles sexa adxudicada a praza e que non asistan sen motivos xustificados serán penalizadas e non poderán volver a participar nos roteiros organizamos no ano en curso (neste caso 2022)
CUSTE
3€ empadroados-as 9€ non empadroados-as (Bebés ata 3 anos de balde). Cando no mesmo grupo familiar teña máis dun participante aplicaranse as seguintes bonificacións para persoas empadroadas:
-
Ao 2º participante unha bonificación do 25%
-
Ao 3º participante una bonificación do 50%
-
Ao 4º participante unha bonificación do 75%
-
Os quintos e sucesivos membros participantes dun mesmo grupo familiar quedarán exentos da taxa.
*Consulta outras posibles bonificacións.
Material recomendado para realizar a actividade:
-
Calzado adecuado para camiñar.
-
Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento);pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío)...
-
É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida (para a parada de descanso a medio camiño), auga ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.* hai máquina con auga de pago.
-
XANTAR. Levar o xantar para comer nos merendeiro se non escolléstedes a opción de restaurante que se vos comentará posibles menús cando se confirme a praza.
-
IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Máis información na OMIX no teléfono 638 822 868 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.