Venres, 30 Outubro 2020 14:33

Xunta implanta restricións de entrada e saída en distintas ciudades galegas

Xunta implanta restricións de entrada e saída en distintas ciudades galegas

A Xunta decretou o peche perimetral das grandes cidades de Galicia en vésperas da ponte de Todos os Santos. Vigo; A Coruña e Arteixo; Santiago, Ames e Teo; Ferrol, Narón, Fene e Neda; Pontevedra, Poio e Marín; Vimianzo; e Lugo (en Ourense mantense a limitación que xa había) terán que pechar as súas limites desde as tres da tarde deste venres ata o martes 3 de novembro, prohibindo a entrada e saída de persoas salvo excepcións , sobre todo no que respecta a a mobilidade:

-         Desprazamentos para actividades profesionais sempre que se acredite e dispóñase dunha declaración da empresa certificando o desprazamento

-          Desprazamento para a atención de dependentes ou persoas maiores. Tamén se pode abandonar o termo municipal para a atención de menores de idade

-           Desprazamento por motivo de estudos ou trámites administrativos que sexa imprescindible realizar presencialmente. Neste caso, a Consellería de Sanidade pide aos estudantes universitarios que queden onde residen cando están a cursar os seus estudos e non regresen esta fin de semana ao seu domicilio familiar co fin de limitar os movementos e reducir o risco de contaxio por coronavirus ás súas familias.

-          As reunións só poderanse celebrar entre persoas conviventes.

-           En toda Galicia, ademais, o toque de queda mantense de 23.00 horas a 6.00 horas da madrugada.

No Concello de Soutomaior mantéñense as mesmas restricións que ata o de agora nos incumbían


Publicado en Alcaldía
Visto 393 veces


Alcaldía
Casa do Concello

O Concello de Soutomaior subvencionará os recibos da auga e lixo para apoiar á hostalería

18-11-2020 / Alcaldía

O salón de plenos do Concello de Soutomaior foi escenario dunha reunión dos representantes da hostalería do municipio co alcalde, Agustín Reguera, para estudar diversas medidas de apoio ao sector. Froito deste encontro, o Alcalde anunciou a creación dunha subvención para os recibos de auga e lixo ademais do mantemento da exención para a taxa municipal pola instalación de terrazas. A...

TV Alcaldía de Soutomaior