Normativa Bonificacións

Todas as persoas que se inscriban nas actividades organizadas pola Concellería de Xuventude deberán de ter en conta as seguintes cláusulas ou normas:

  • O número de prazas en todos os cursos e obradoiros é limitado; cubriranse por rigorosa orde de inscrición. En todas as actividades terán preferencia ás persoas empadroadas no Concello de Soutomaior e, nalgúns casos, as persoas menores de 35 anos. Nos cursos de formación para o emprego, ademais, teñen preferencia as persoas desempregadas. Para acreditar estas condicións haberá que presentar DNI e tarxeta de demandade de emprego actualizada.
  • As actividades realizaranse si se cobren un mínimo de prazas/grupo. Si non se cubre o mínimo, poderá cancelarse a actividade e, nese caso, devolverase a matrícula ás persoas que xa a pagaran.Os pagos non se devolverán unha vez confirmada e iniciada a actividade.
  • A praza quedará reservada cando se efectúe o pago. *** Cando o pago teña que ser bancario haberá que entregar o xustificando xunto coa ficha de inscrición. Especificar actividade e nome e apelidos da persoa que se inscribe.

As bonificacións posibles para as actividades son soamente para empadroados/as; estas poden ser:

1) Cando no mesmo grupo familiar teña máis dun participante se aplicarán as seguintes bonificacións:

  • Ao 2º participante unha bonificación do 25%
  • Ao 3º participante una bonificación do 50%
  • Ao 4º participante unha bonificación do 75%
  • Os quintos e sucesivos membros participantes dun mesmo grupo familiar quedarán exentos da taxa .

2) Cando as persoas inscritas sexan beneficiarias da prestacións como RISGA ou similares prestacións quedarán exentos da taxa. Determinarase en cada actividade o número de prazas dispoñibles obxecto desta bonificación en función do tipo de actividade. Esta exención concederase polo Concello a petición do interesado acompañado dos seguintes documentos:

  • Copia compulsada da resolución da concesión do RISGA (ou similares prestacións) e demais documentación, que no seu caso, sexa requirida pola traballadora social ou informe da traballadora social ou institución análoga que poida acreditar a situación 

3) Cando as persoas inscritas sexan beneficiarias dalgunha prestación quedarán exentas da taxa (PERO quedarán reservadas por curso un número limitado de prazas (3), que se cubrirá por orde de inscrición). O resto das persoas terán que pagar a cota. Esta exención soamente se aplicará a un curso por trimestre.

4) Cando as persoas estén en situación puntual de emerxencia ou se consideren en risco de exclusión social quedarán exentos da taxa. Terán que acreditar tal condición previo informe da Traballadora Social do Concello, dunha institución análoga ou de persoal técnico acreditado para certificar tal condición.

5) Cando todos os membros da unidade familiar se atopen en desemprego e poidan acreditalo bonificarase un 50%.

 

Se a persoa non cumpre os criterios de asistencia establecidos, será dada de baixa automaticamente. No caso dos cursos de formación a persoa non terá dereito a diploma de asistencia.

Si queres recibir información sobre as actividades no teu teléfono ou correo electrónico cubre o formulario

NON OBSTANTE, para calquera dúbida ou aclaración aconsellamos consultar horarios, datas e condicións específicas para cada actividade na OMIX, presencialmente ou telefonicamente, no número 986 700 822; por corrreo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.