OBRADOIROS / Concellería de Ensino
Roteiro "Muiños do Folón e do Picón" (9 h)
Inicio da actividade: 07-11-2021
Fin da actividade: 07-11-2021
Dias da actividade: Domingo 7 de novembro
Horarios: de 9:25 h (Sáida do bus) ata 18:35 h (Chegada ó Concello)
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 30 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: BUS: Concello - Cruce de Pierres
|
DESCRICIÓN
Esta ruta percorre os 67 muíños hidráulicos do Folón e do Picón, no concello do Rosal. Declarados Ben de Interese Cultural (BIC) polos seus valores patrimoniais materiais e inmateriais, os muíños que compoñen este conxunto datan dos séculos XVII e XVIII. Neste roteiro circular descubriremos un rico patrimonio etnográfico, unha contorna natural de impresionantes vistas e unha paisaxe dominada polos contrastes da montaña e o val do Miño.
A ruta contará coa participación de Patricia Muñoz, guía oficial de Amodo turismo para descubrir; e contará con diversas paradas interpretativas nos puntos de maior interese patrimonial, natural e paisaxístico. Historia do lugar e da moenda. Funcionamento dos muíños: aspectos tanxibles (pezas, enxeños) e intanxibles (formas de propiedade, dereitos, etc.. Contorna natural. Adaptación dos muíños á paisaxe. Patrimonio cultural asociado aos muíños. Legado vivo: os últimos muiñeiros/as.
-
10:40 Recepción na área de recepción de visitantes (zona aparcamento e aseos) dos Muíños do Folón e do Picón.
-
10:45 Inicio da ruta guiada ao Ben de Interese Cultural (BIC) Muíños do Folón e do Picón.
-
12:00 (aprox.) Parada de descanso a metade de percorrido.
-
14:30 Xantar
-
17:00 Regreso Arcade - Soutomaior.
Durante o percorrido faremos paradas interpretativas nos puntos de maior interese patrimonial, natural e paisaxístico.
-
Saídas: 9.25 h Casa Concello Soutomaior 9.30 h Cruce de Pierres Arcade
-
Chegadas: 18.30 h Cruce de Pierres Arcade 18.35 h Casa do Concello
CARACTERÍSTICAS:
Dificultade media- Percorrido maioritariamente por sendeiros e pistas de monte, con zonas de forte pendente, chan irregular (pedras, terra e desniveis) e chanzos de pedra. É un itinerario circular e sinalizado, homologado pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 94 Muíños do Folón e do Picón).
-
Lonxitude: 3,5km, aprox.
-
Desnivel: 211 metros de subida/ 211 metros de baixada.
-
TEMPO ESTIMADO: medio día.
-
IDADES: todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade.
-
INICIO: área de recepción dos Muíños do Folón e do Picón (zona aparcamento e aseos + merendeiro).
Material recomendado para realizar a actividade
-
Roupa adecuada á meteoroloxía (ter en conta que haberá zonas de exposición ao vento, ao sol e que se vai á beira do río e pode haber zonas asolagadas).
-
Calzado adecuado para camiñar, con sola forte e rugosa.
-
Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío)...
-
É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida (para a parada de descanso a medio camiño) ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.
-
XANTAR. Levar o xantar para comer no merendeiro (hai auga e baños). Ou senón tedes a opción de reservar previamente no restaurante a Casa da Pintura https://goo.gl/maps/CWepkySR5uvQuoQj8, que está a 10 minutos andando desde o merendero (quen opte por esta opción xa pode quedar ao finalizar o roteiro e logo aparecer no merendero na hora de saída).
-
IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Máis información na OMIX no teléfono 986 700 822 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
OBSERVACIÓNS COVID-19: co fin de adaptarnos á normativa e facer a actividade máis segura durante a actividade teremos que levar a máscara posta cando non se poidan manter as distancias de seguridade establecidas.
-
Guía: Patricia Muñoz, guía oficial de Amodo turismo.
Modo de pago: Non reporta pago
|
|