Luns, 09 Abril 2018 16:56

Inscrición aberta para o Roteiro "Polas sendas da pesca". Domingo 6 de maio

Inscrición aberta para o Roteiro "Polas sendas da pesca". Domingo 6 de maio

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no roteiro segundo roteiro organizado para este trimestre dentro do programa municipal de educación medio ambiental de Roteiro medio ambientais guiados: coñece o teu entorno e arredores".

O roteiro realizarase si o tempo o permite o domingo 6 de maio de 2018. 

O percorrido comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitaven. No noso camiño teremos ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e con algo de sorte, ver algúns dos animais que teñen aquí o seu fogar. Tamén poderemos visitar un par de muíños agochados entre a vexetación. E se o tempo acompaña, ao finalizar, poderemos gozar dun baño nas augas claras e frescas do río.

  • Características: 4,8 kms. Dificultade media; desnivel suave. Circular. Terreo irregular. Nalgún momento hai que esquivar algunha ramallada ou dar un pequeno salto para pasar algún pequeno obstáculo. Algún tramo pequeno de asfalto. Aconséllase calzado de camiñar e resistente á auga e roupa de baño.
  • Custe: de balde!
  • Duración: 3 h/roteiro    
  • Hora: 10:30 - 13:30

A inscrición realizarase ata o luns 30 de abril a través deste formulario de google: https://goo.gl/forms/1Ua7DTsjy4BWHSeD3

Calquera dúbida ou aclaración consultar na OMIX 986 700 822

 

AXENDA MUNICIPAL

roteiro-2.jpg

OBRADOIROS / Concellería de Educación
ROTEIRO "Polas sendas da pesca"
Inscricións ata: Venres, 4. Mayo 2018
Datas do: 06-05-2018 o: 06-05-2018
Destinatarios: +12 anos (menores acompañados) 

INSCRICIÓN EL LIÑA

 


Visto 797 veces


Roteiros Medioambientais

Recunchos máxicos: dende as Alvedosas at…

07-10-2019 Roteiros Medioambientais

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos...

Roteiro medio ambiental "A Pedra e a Auga"

15-01-2019 / Roteiros Medioambientais

Poñemos en marcha de novo o programa  municipal Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e...

Inscrición aberta para o Roteiro "Polas sendas da pesca". Domingo 6 de maio

09-04-2018 / Roteiros Medioambientais

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no roteiro segundo roteiro organizado para este trimestre dentro do programa municipal de educación medio ambiental de Roteiro medio ambientais guiados: coñece o teu entorno e arredores". O roteiro realizarase si o tempo o permite o domingo 6 de maio de 2018.  O percorrido comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai...

Domingo 8 de abril Roteiro medio ambiental "Os vellos camiños da Montesiña".

26-03-2018 / Roteiros Medioambientais

O Concello de Soutomaior inicia neste trimestre o programa de Roteiros Medio Ambientais con novas datas e propostas para disfrutas de actividade na natureza e de educación medio ambiental.  O programa ten como obxectivos coñecer os valores medio ambientais do noso Concello da man dunha guía. Promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a...

25 persoas participaron no Roteiro "A Enerxía da Auga"

15-11-2017 / Roteiros Medioambientais

O pasado domingo 12 de novembro participaron 25 persoas no roteiro "A Enerxía da Auga". Actividade enmarcada dentro do programa municipal Roteiros mediambientais: coñece o teu entorno e arredores. Durante unha duración aproximada de 3 h. as persoas inscritas, con idades moi variadas que ían desde os 6 anos ata os 68, guiadas por unha monitora puideron coñecer recunchos do Concello...

Roteiros medioambientais: "a enerxía da auga"

26-10-2017 / Roteiros Medioambientais

O Concello de Soutomaior inicia a nova programación de ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS: coñecer o teu entorno e arredores. Este programa de educación mediambiental ten como finalidade  educar e sensibilizar no respecto, conservación do noso patrominio e promoción de valores medioambientais comezando polo noso entorno máis inmediato. Trátase de poñer en valor o que nos rodea, coñecelo e así respetalo. Tamén se...