Luns, 07 Outubro 2019 13:55

Recunchos máxicos: dende as Alvedosas ata o Ulló

Recunchos máxicos: dende as Alvedosas ata o Ulló

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea para educar en valores de respecto e coidado á natureza.

Nesta ocasión para o domingo 20 de outubro propoñemos o roteiro " Recunchos máxicos: dende as Alvedosas ata o Ulló"  que aposta polo valor do entorno medioambiental, cultural e etnográfico da Enseada de San Simón desde a Carballeira do Peirao en  Arcade ata o entorno das Salinas do Ulló;

Durante o percorrido observaremos e aprenderemos a diferenciar os diferentes tipos de aves (segundo hábitat, voo, tamaño e forma, número,...) e diferentes entornos: urbano/semiurbano, praia, zona asfaltada, sendeiros, pistas, bosques alóctonos e autóctonos, e zonas de marisma. A guía dará unhas nocións mínimas que nos axudarán a comprender o comportamento das especies de aves do entorno, en plena época migratoria e outras moitas curiosidades sobre medio ambiente e ecoloxía.

As características son:11 kms; dificultade baixa, desnivel baixo, circular (con tramos comúns no retorno), camiñando 1km pola estrada nacional, na zona da antiga fábrica da Pontesa. O roteiro será realizado en grupo sendo altamente participativo, dándolle un enfoque de coloquio.

Nas paradas máis técnicas que serán 7 fomentarase a participación (empregaranse láminas, prismáticos e/ou telescopio, plumas de aves e algunha foto históricas). 


Visto 52 veces