Martes, 15 Xaneiro 2019 20:56

Roteiro medio ambiental "A Pedra e a Auga"

Roteiro medio ambiental "A Pedra e a Auga"

Poñemos en marcha de novo o programa  municipal Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea para educar  en valores de respeto e coidado á natureza.

PROGRAMA DA XORNADA: 

Comezaremos a xornada camiñando polo roteiro da pedra e da auga (arredor das 11 h) 6,5 kms. Dificultade baixa; desnivel suave. Lineal. Terreo fácil e sen desnivel, aínda que con algún tramo mais irregular e con algunhas pedras esvaradías, discorre ao longo do río Armenteira, pola vereda que daba servizo a máis de 30 muíños, algúns en ruínas pero outros restaurados. Acompañaranos en todo momento a tan valiosa vexetación de ribeira e o son da auga. Tamén teremos a ocasión de pasar polo Mosteiro de Armenteira.

Ao rematar deixaremos tempo para xantar. Poderedes decidir si facelo de picnic no merendeiro ou no bar/restaurante  “Os castaños” que  está no punto final do roteiro.

  • DATA:DOMINGO 27 DE XANEIRO
  • IDADES: Todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade.
  • HORARIOS: saídas e chegadas en autobús para todas as persoas inscritas
    • Saída           09:30 H Casa do Concello   -  09:45 H Cruce de Pierres
    • Chegada     18:30 H Casa do Concello    -  18.00 H Cruce de Pierres
  • CUSTE: 3€ empadroados/as - 9€non empadroados/as. Ingreso bancario nas contas do Concello
  • DOCUMENTACIÓN: o xustificante de pago, entregar na OMIX ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • INSCRICIÓNS: ATA O 21 DE  XANEIRO EN LIÑA  a través da web www.gabinetesoutomaior.com ou www.soutomaior.com

Material recomendado para realizar a actividade:

  • Calzado para camiñar. Moi recomendable con protección á auga no caso de realizar roteiros por zonas de auga ou se chove.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío), roupa de baño si fai calor, etc.
  • É recomendable levar gorro ou viseira e crema solar.
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.
  • IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

Máis información na OMIX no teléfono 986 700 822 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

AXENDA MUNICIPAL

Concellería de Educación
Roteiro da Pedra e a Auga 

19-Roteiro-Pedra-e-Auga-(Cartel).jpg


Inscricións ata: 27 Xan 2019 
Datas: 27-01-2019 ó: 27-01-2019 / BUS Saída: 09:30 h - Chegada: 18:30 h
Lugar: BUS: Concello - Cruce de Pierres 
Destinatarios/as: Todas as idades e + máis (menores acompañados)

Inscrición en LIÑA

 


Visto 239 veces