Luns, 26 Marzo 2018 20:35

Domingo 8 de abril Roteiro medio ambiental "Os vellos camiños da Montesiña".

Domingo 8 de abril Roteiro medio ambiental "Os vellos camiños da Montesiña".

O Concello de Soutomaior inicia neste trimestre o programa de Roteiros Medio Ambientais con novas datas e propostas para disfrutas de actividade na natureza e de educación medio ambiental. 

O programa ten como obxectivos coñecer os valores medio ambientais do noso Concello da man dunha guía. Promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea. Educar en valores de respeto e coidado á natureza.

As persoas destinatarias son persoas interesadas en realizar unha actividade diferente e saudable (público xeral). Poderán participar todas as idades pero tendo en conta que todos os roteiros implican camiñar e moverse, fixarse na dificultade de cada roteiro, na duración, etc. Teñen preferencia as persoas empadroadas en Soutomaior.

Ofertamos tres roteiros para este trimestre do ano:

 

8 de abril

ROTEIRO: "Os vellos camiños da Montesiña"

Breve descrición: 6kms (dificultade baixa); Praia Fluvial A Xunqueira, sendeiros a carón do Verdugo, sendeiros pola zona baixa de Saramagoso. Variacións continuadas de paisaxes (ribeira, monte baixo, cotas, sendas, viñedos, zonas semiurbanas e zonas rurais), onde se farán paradas interpretativas.

Prazo de inscrición xa aberto ata o 5 de abril. Será necesario inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. A inscrición faise a través deste formulario en google:  INSCRICIÓN EN LIÑA

 

Os seguintes roteiros están programados para os meses de maio e xuño e o prazo de inscrición abrirase en abril.

 

6 de maio 

ROTEIRO: "Polas sendas da pesca"

Breve descrición:A ruta comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitaven. No noso camiño teremos ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e con algo de sorte, ver algúns dos animais que teñen aquí o seu fogar. Tamén poderemos visitar un par de muíños agochados entre a vexetación. E se o tempo acompaña, ao finalizar, poderemos gozar dun baño nas augas claras e frescas do río.

 

10 de xuño:

ROTEIRO: "Polas Illas de Sálvora e Ons"

Breve descrición: a actividade consistirá en realizar dous roteiros pero nesta ocasión serán pola Illa de Sálvora e pola Illa de Ons, dous arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, único Parque Nacional que temos na nosa Comunidade Autónoma. En ambos roteiros trataranse aspectos naturais pero tamén culturais, xa que ambas illas tiveron poboación nalgún momento. Durante a xornada non se camiñará todo o día senón que haberá descansos e tamén hai que ter en conta os traslados de ida, de volta e entre illas.    Pola tarde, haberá tempo libre e tamén a posibilidade de participar nunha actividade lúdica dirixida a todas as idades con contido medioambiental.

Máis información na OMIX ou na web http://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-educacion/roteiros-medioambientais


Formulario en Liña ROTEIRO: "Os vellos camiños da Montesiña"

Visto 895 veces

Os titulares de Educación

Campamento de inmersión lingüística nos Peares.

14-09-2018 / Educación

 30 moz@s do Concello de Soutomaior aprenden inglés no campamento de inmersión lingüística do concello.  A actividade leva a cabo no pobo ourensán de Os Peares, na confluencia dos ríos Miño...

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

11-09-2018 / Educación

O novo instituto público do Concello de Soutomaior xa se atopa listo para acoller a próxima semana o inicio do novo curso escolar. Para presentar o novo centro educativo aos...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...