Martes, 15 Novembro 2016 16:10

Senderismo por Soutomaior. Roteiros medioambientais

O Concello de Soutomaior  pecha o programa de educación medioambiental organizado pola Concellería de Educación cun novo roteiro que se desenvolverá o domingo 27 de novembro. Este programa  iniciado no ano 2015 ten como obxectivo prinicipal  ensinar a interpretar o noso entorno promovendo valores de respeto á natureza mediante  a realización de actividades saudables como a práctica do senderismo. Isto axudaranos a manternos en forma e de paso coñecer un pouco máis o noso patrimonio.

No que vai de ano xa se realizaron 6 roteiros polo noso Concello e arredores. Concluímos o programa cun roteiro moi variado que nos permitirá coñecer "Os vellos camiños da Montesiña".

Breve descrición: 6kms (dificultade baixa); Praia Fluvial A Xunqueira, sendeiros a carón do Verdugo, sendeiros pola zona baixa de Saramagoso. Variacións continuadas de paisaxes  (ribeira, monte baixo, cotas, sendas, viñedos, zonas semiurbanas e zonas rurais), onde se farán paradas interpretativas.

Ferramentas:empregarase un lector QR (https://play.google.com/store/apps/details?id=me.scan.android.client), para identificar as zonas de parada.

Levaranse mapas para recoñecer o terreo sobre o que se vai avanzando.

Destinatarios: público xeral

Duración:3 h/roteiro

Data:domingo 27 de Novembro

Hora:10:30 - 13:30

Inicio: A Xunqueira de Arcade (https://goo.gl/maps/Z4B6mG7ekRk)

 

A actividade é de balde pero para participar haberá que inscribirse previamente na OMIX antes do 22 de novembro - Multiusos (Arcade)

 

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Visto 2209 veces

Os titulares de Educación

Campamento de inmersión lingüística nos Peares.

14-09-2018 / Educación

 30 moz@s do Concello de Soutomaior aprenden inglés no campamento de inmersión lingüística do concello.  A actividade leva a cabo no pobo ourensán de Os Peares, na confluencia dos ríos Miño...

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

11-09-2018 / Educación

O novo instituto público do Concello de Soutomaior xa se atopa listo para acoller a próxima semana o inicio do novo curso escolar. Para presentar o novo centro educativo aos...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...