Mércores, 18 Mai 2016 11:29

Aberto o prazo de inscricións nos roteiros medioambientais

A Concellería de Educación do Concello de Soutomaior inicia novos roteiros medioambientais que se realizarán durante o mes de maio e xuño. Estes roteiros están deseñados para todos os públicos e teñen como finalidade poñer en valor os recursos naturais e patrimoniais do noso Concello e arredores. Están guiados por unha experta medioambiental que axudará a que as persoas participantes poidan ampliar os seus coñecementos sobre prantas, árbores, animais, etc.

Ademais dos contidos de educación medioambiental os roteiros tamén aportanun compoñente lúdico que os fai moi atractivos e enriquecedores porque se realizan usando a técnica da orientación e do xeocaching. Durante todo o roteiro haberá unha serie de pistas que se irán atopando mediante a interpretación dun mapa que se lles entregará previamente ao inicio do roteiro.

Estes roteiros son moi sinxelos e divertidos polo que desde o Concello animamos a todos os veciños e veciñas a participar pois seguro que atoparán lugares e recursos nos que nunca repararan.

A participación nos roteiros é de balde pero hai que inscribirse previamente na OMIX porque as prazas son limitadas, 986700822


Visto 642 veces

Os titulares de Educación

Campamento de inmersión lingüística nos Peares.

14-09-2018 / Educación

 30 moz@s do Concello de Soutomaior aprenden inglés no campamento de inmersión lingüística do concello.  A actividade leva a cabo no pobo ourensán de Os Peares, na confluencia dos ríos Miño...

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

11-09-2018 / Educación

O novo instituto público do Concello de Soutomaior xa se atopa listo para acoller a próxima semana o inicio do novo curso escolar. Para presentar o novo centro educativo aos...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...