Martes, 08 Marzo 2016 17:06

Roteiros medioambientais: A fervenza do inferno

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación organiza un programa de "Roteiros Medioambientais" para o período que vai de xaneiro a abril de 2016. Este programa inclúe tres roteiros de senderismo cos que se pretende fomentar a participación veciñal en actividades de educación medioambiental e de coñecemento e respeto do entorno natural do municipio. 

A Concellería xa organizou en 2015 unha iniciativa similar que levaba por título “Coñece o teu entorno” na cal os contidos relacionados coa cultura e patrimonio de Arcade e Soutomaior se mesturaban con contidos de índole deportiva como é práctica do xeocaching. A finalidade era a de dinamizar a participación veciñal e poñer en valor os recursos naturais e patrimoniais achegándonos a eles mediante  unha actividade lúdica – deportiva que actualmente ten moita demanda. Os motivos polo que se organiza esta actividade son: alto valor educativo e alta demanda no municipio. 

 

Con estas tres novas propostas a Concellería quere seguir fomentando un lecer respetuoso co medio natural que nos sirva para poñer en valor a educación medioambiental  que nos permita coñecer mellor os recursos do noso municipio: a flora e a fauna.

Este domingo 13 de marzo de 10,30 a 13,30 realizaremos o ROTEIRO: FERVENZA DO INFERNO

Breve descrición: 8km;  Lineal.

Ecosistema fluvial, especies alóctonas/autóctonas, fervenza e presa.

Material de apoio: teléfono móbil e cachés.

 

O roteiro estara guiado por unha monitora titulada e especializada na temática.

A participación nesta actividade é de balde e as prazas están limitadas. Teñen preferencia as persoas empadroadas no municipio.

Máis información e inscricións: na OMIX,Multiusos Arcade

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Visto 2435 veces

Os titulares de Educación

Campamento de inmersión lingüística nos Peares.

14-09-2018 / Educación

 30 moz@s do Concello de Soutomaior aprenden inglés no campamento de inmersión lingüística do concello.  A actividade leva a cabo no pobo ourensán de Os Peares, na confluencia dos ríos Miño...

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

11-09-2018 / Educación

O novo instituto público do Concello de Soutomaior xa se atopa listo para acoller a próxima semana o inicio do novo curso escolar. Para presentar o novo centro educativo aos...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...