Roteiros
Coñece o teu entorno e arredores.
Que é
Que é?
Un programa de roteiros nos que se combina a educación e sensibilización medio ambiental co senderismo e as actividades lúdicas e de lecer. Cada roteiro ten as súas peculiaridades que se van destacando da man dunha guía que durante o percorrido vai explicando e interpretando o que se ve: arquitectura, flora, fauna, paisaxe, etc. Estas explicacións realízanse combinando diferentes técnicas e recursos dun xeito dinámico e divertivo: uso de mapas, aplicación de tecnoloxías como por exemplo os códigos QR ou o xeocaching, etc.
Obxectivos
Obxectivos
-
Coñecer a riqueza medioambiental do noso Concello para poñer en valor os seus recursos naturais e patrimoniais.
-
Redescubrir sendeiros e camiños actualmente en desuso.
-
Fomentar hábitos saudables e alternativas de lecer a través do senderismo.
-
Educar en valores como: o respeto, a tolerancia, o traballo en equipo e o coidado á natureza.
Inscricións
Inscricións
Durante o ano realízanse varias convocatorias que habitualmente se programan cunha periodicidade trimestral.
-
Obrigatorio inscribirse previamente EN LIÑA (se non es capaz consulta na OMIX)
-
O prazo de inscrición ábrese unha vez feita a publicidade dos roteiros e remata cinco días antes da realización de cada roteiro.
-
As prazas son limitadas pois o que se pretende é traballar con grupos pequenos para garantir a calidade e facilitar a interacción entre as persoas que participan.
-
Cando hai moita demanda nun roteiro repítese e ofértase unha nova data para as persoas que están en lista de agarda.
-
Cando un roteiro se cancele por motivos climatolóxicos comunicarase por teléfono ás persoas inscritas.
Recomendacións
Recomendacións
IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Material necesario:
-
Calzado de monte/montaña. Moi recomendable con protección á auga tendo en conta a metereoloxía.
-
Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro, pantalón de auga, paraugas,... (se chove); pantalón de monte, polar, camiseta térmica (se fai frío); roupa lixeira di fai calor e protección solar (con sol), etc
-
Unha pequena mochila con auga (1/2 l) + Froita (ou bocadillo).
-
Móbil con batería e aplicación instalada de xeocaching ou de códigos QR cando no roteiro se vaian a utilizar estas ferramentas. Ler as indicacións específicas para cada un.
*Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días antes de cada roteiro na OMIX ou ata cubrir prazas.
Animais
NORMAS sobre animais
IMPORTANTE: Lembramos que por temas de organización e tipoloxía grupal da actividade NON se poderán levar cans nin outros animais aos roteiros.