Educación
Educación +
Axenda Educación
CURSOS

ata:10 Abr 2023
OBRADOIROS

Do: 13-05-2023
ó: 13-05-2023
ata: 08 Mai 2023

Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa ten como finalidade sensibilizar , educar e promover condutas máis responsables co medio ambiente e a natureza. O programa consta de varias accións que se levarán a cabo durante o ano 2018. Cada acción terá unha parte inicial de formación e logo unha acción de campo. A primeira acción terá lugar o sábado 2 de xuño: HOXE IMOS LIMPAR!
Esta acción trata contidos como: a selección, recollida e tratamento de residuos que chegan as nosas praias.O obxectivo é o de sensibilizar sobre o exceso no uso de plásticos e residuos que chegan as nosas praias e reflexionar sobre o impacto visual e as consecuencias que teñen para a fauna, a flora e o ser humano.
Comezaremos a xornada cunha pequena charla, de aproximadamente unha hora de duración, sobre os impactos medio ambientais dos residuos non nosos mares, facendo especial fincapé nos plásticos. Tamén haberá espazo para o debate e a reflexión. Posteriormente camiñaremos un pouco ata a praia obxecto da limpeza que imos realizar. É unha praia pequena, pouco frecuentada e descoñecida por moitos, que non é sometida a limpeza habitualmente.
As persoas interesadas en participar deberán anotarse na OMIX ou ben a través da web: INSCRICIÓNS Acción 1: Hoxe imos limpar
O prazo de inscrición remata o 25 de maio. As prazas son limitadas!
Poden participar persoas de todas as idades. As persoas menores de 12 anos participarán como acompañantes previa autorización dos seus responsables legais.
AXENDA MUNICIPAL
Plan Municipal de Voluntariado
Acción 1: Hoxe imos limpar
Do: 02-06-2018 ó: 02-06-2018 / Inscricións ata: 25 Mai 2018
Lugar da actividade: Multiusos de Arcade
Destinatarios/as: +12 (Menores rexistrados)
18-Compromiso-colaboracion-voluntariado.pdf
Educación
06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo de iniciativas teñen moi boa aceptación entre a veciñanza e pretenden ofrecer unha alternativa de lecer cultural e saudable ás familias.
10-02-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Educación
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Educación
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
06-06-2022 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia. Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que...
06-05-2022 / Educación (Divulgaciencia)
Onte foi un día especial para moitos/as estudantes dos institutos do Concello. Tras meses de preparación, traballo e estudo, por fin puideron mostrar ante todos os seus veciños o froito...
21-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)
Seguen en marcha as actividades do 'Plan Divulgaciencia' que conta co apoio da FECYT e do Ministerio de Ciencia e Innovación e que busca fomentar o interese pola ciencia entre...
19-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)
O día 5 de maio celébrase a Feira da Ciencia na Alameda de Talo Río, unha iniciativa que se encadra dentro do programa Divulgaciencia e que permitirá ao estudantado de...
Educación +