OBRADOIROS / Plan Municipal de Voluntariado  

Acción 1: Hoxe imos limpar (3 - 1/2 h)

Inicio da actividade: 02-06-2018
Fin da actividade: 02-06-2018
Horarios: de 11:30 a 13:30 h
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 22 prazas
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
 > DESCARGAS: 18-Compromiso-colaboracion-voluntariado.pdf

DESCRICIÓN

ACCIÓN: selección, recollida e tratamento de residuos.

Obxectivo: sensibilizar sobre o exceso no uso de plásticos e residuos que chegan as nosas praias e reflexionar sobre o impacto visual e as consecuencias que teñen para a fauna, a flora e o ser humano.

Breve descrición da xornada: Para comezar, darase unha pequena charla, de aproximadamente unha hora de duración, sobre os impactos medio ambientais dos residuos non nosos mares, facendo especial fincapé nos plásticos. Tamén haberá espazo para o debate e a reflexión. 

Posteriormente camiñaremos un pouco ata a praia obxecto da limpeza que imos realizar. É unha praia pequena, pouco frecuentada e descoñecida por moitos, que non é sometida a limpeza habitualmente. 

  • Alí estaremos sobre hora e media recollendo os residuos, co material de apoio que aportará o Concello. 
  • Ao rematar, ou no medio, haberá un pequeno refrixerio para repoñer forzas. 
  • Ao finalizar, reflexionaremos sobre a xornada vivida e poremos en común medidas que están da nosa man.
  • Por último, subiremos os sacos co lixo ata un punto onde poida acceder un vehículo que os transporte e os deixe nos colectores de lixo axeitados para o seu tratamento.

Horarios opcionais: Modo de pago: Non reporta pago   

 

 


Accesos : 1076