Xoves, 01 Febreiro 2018 18:14

Curso oficial de monitor/a de tempo libre

Curso oficial de monitor/a de tempo libre

O Concello de Soutomaior convoca un curso oficial de MONITOR/A DE TEMPO LIBRE (350 H)

Durante o curso o alumnado cursará os contidos básicos recollidos no Decreto 50/2000 do curso oficial de monitores/as de tempo libre de Xunta. Inclúe saídas, visitas, actividades culturais, practicas durante a formación, etc. O curso consta de 200 h teórico prácticas e 150 h prácticas nunha entidade ou campamento xuvenil. Poderanse realizar prácticas nas actividades municipais ademais de empresas ou entidades privadas.

Destinatarios/as: a partir de 18 anos

Data e horarios:Sábados de 09:00 a 14:00 h. e de 15:30 a 20:30 horas e Domingos de 09:00 a 14:00. Comezo o 3 de marzo e remate o 20 de Maio. Tendo clase os días festivos de Semana Santa (29,30 de marzo e a fin de semana, 31 e  1).Os días 29 e 30 serían en formato intensivo con horario de 09:00 a 14:00 h. e de 15:30 a 20:30 horas os dous días.

Matrícula:130€ empadroados/as; 212€ non empadroados/as. O pago poderá fraccionarse: 50% pagaríase no momento da inscrición e 50% antes do 14 de abril de 2018.

Prazo de inscrición: ata 23 de febreiro na OMIX. Tel. 986700822

As prazas son limitadas.


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

18-inscrición-monitor-tempo-libre.pdf (290 Descargas)
Visto 2097 veces

Xuventude

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

22-05-2023 / Mocidade

Un ano máis, volve ‘Hai Plan Soutoverán’, a gran programación festiva, de lecer e cultural que nos fará gozar como nunca do bo tempo. Aínda nos quedan moitas iniciativas por anunciar...

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

28-03-2023 / Verbas para comunicar

Co gallo do Día das Letras Galegas, promovemos este concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega. Para participar presenta un traballo en lingua galega en formato texto...

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

06-03-2023 / Mocidade

Impresionante a acollida que tivo a primeira sesión de Noctámbulas. A nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa ata o momento arrincou cun éxito de participación. Preto de 50 mozos e mozas...

Comprometidos ca formación da nosa veciñanza

15-02-2023 / Mocidade

Hoxe comezou o Curso de Hixiene, Atención Sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes. Esta iniciativa ofrecida polo Concello de Soutomaior, conseguiu cubrir todas as prazas. Neste sentido, a concelleira de...

Cheo absoluto no curso de Operador de Carretas Elevadoras

15-02-2023 / Mocidade

Onte arrancou o Curso de Operador/a de Carretas Elevadoras. Unha formación que conta con moitos candidatos e que este ano volver cubrir todas as prazas. A Concelleira de Xuventude achegouse...

A mocidade ten a palabra co Plan Noctámbulas

17-01-2023 / Mocidade

Despois de case tres meses, comezamos a revisar as propostas depositadas nas urnas do Plan Noctámbulas. Esta iniciativa buscaba a participación da mocidade do Concello, convidándoos a dar ideas de...

A xuventude pásao en grande nas Escolas Municipais de Teatro

25-10-2022 / Escola M. de Teatro

Os/as alumnos/as das escolas municipais de teatro empezaron este curso con moita enerxía. As primeiras sesións están indo vento en popa con moi bo ambiente nos grupos e moitas ganas de...

Un novo programa para asesorar aos/ás emprendedores/as e potenciar a empregabilidade da xente moza

07-10-2022 / Mocidade

  A partir do día 9 de novembro, e durante dúas semanas, os/as futuros/as emprendedores/as aprenderán todo o necesario para facer realidade os seus proxectos.   Ademais, a iniciativa contempla asesoramento para...