POR CAUSA DA CHOIVA A FESTA DE SAMAIN PÁSASE PARA O DOMINGO 5 DE NOVEMBRO
As actividades comezarán a partir das 17.00 h o Concello de Soutomaior festexa o samaín cun programa cargado de actividades dirixidas a todas as idades pero especialmente, dirixidas á mocidade. Haberá obradoiros de pócemas e beberaxes, maquillaxe, tunel do terror e moita troula e música da cal que encargará o grupo de animación Troula cun espectáculo que non vai deixar a ninguén indiferente porque estará protragonizado por todo tipo de creaturas do máis aló que farán desta noite de samaín unha noite de medo pero tamén de diversión.
PROGRMA 2017
Data: Domingo 5 novembro (antes 4 de novembro)
Lugar: Talorío
-
17.00 a 18.00 Obradoiro de pócemas e beberaxes
-
17.00 a 19.30 Maquillaxe de medo
-
17.30 a 19.30 Pasadizo do terror
-
19.30 a 20.45 Animación de rúa a cargo de TROULA: zancudos tragalumes, demos, meigas, malabaristas, música e percusionistas.PERSOAXES DA ESCURIDADE
-
A partir das 18.30 Tren asador de CASTAÑAS - DEGUSTACIÓN DE BALDE!
Durante toda a tarde STAND informativo e de sensibilizado sobre lecer alternativo e saudable " A QUE XOGAS" (Xunta de Galicia)
Todas as actividades son de balde e non cómpre anotarse previamente!
Máis información: na OMIX, 986 700 822