O Concello de Soutomaior inicia as actividades artísticas e creativas programadas para o curso 2017/2018 en outubro. Estas actividades van dirixidas fundamentalmente a público xuvenil pero tamén hai grupos para persoas adultas que estén interesadas en formarse nestes ámbitos:
BAILAS?
Actividade de baile e movemento
-
Destinatarios: maiores de 12 anos
-
Datas e horario: martes de 20 a 21 h
-
Custe trimestre: 15 € empadroados/as; 30 € non empadroados/as.
-
Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.
-
Forma de pago: realizarase entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada trimestre mediante ingreso bancario. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
-
Prazas: 18/grupo. Comezamos en outubro
-
Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.
BAILES LATINOS
-
Destinatarios: maiores de 12 anos
-
Datas e horario: martes de 21 a 22 h
-
Custe trimestre: 15 € empadroados/as; 30 € non empadroados/as.
-
Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.
-
Forma de pago: realizarase entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada trimestre mediante ingreso bancario. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
-
Prazas: 18/grupo. Comezamos en outubro
-
Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.
DANZA DO VENTRE
-
Destinatarios: maiores de 14 anos
-
Datas e horario: xoves de 21 a 22 h
-
Custe: 15 € empadroados/as trimestre; 30 € non empadroados/as trimestre.
-
Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.
-
Forma de pago: realizarase entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada trimestre mediante ingreso bancario. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
-
Prazas: 18/grupo. Comezamos o en outubro
SOUTONEWS
Magazine xuvenil en inglés
-
Obxectivos: adquirir competencias lingüísticas en inglés dun xeito práctico e divertido, usando vocabulario propio de contextos diarios para falar con maior fluídez e mellorar a pronunciación e a axilidade.
-
Contidos: é un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,… Guiados por unha profesora de nivel nativo, idearán as novas, redactarán os contidos para logo coa axuda da televisión local, a finais de cada mes, gravar as seccións cos diálogos subtitulados en galego. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver a axilidade mental: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións,etc.
-
Custe: 10 €/mes empadroados/as; 30 €/mes non empadroados/as.
-
Forma de pago: consultar na OMIX
-
Prazas: 12/grupo
Grupos
-
Grupo 1: de 12 a 15 anos: Venres de 16:00 a 17:30
-
Grupo 2: de 16 a 25 anos: Venres de 17:30 a 19:00
GUITARRA ESPAÑOLA
Composición propia de cancións partindo da guitarra, estructurando os acordes e os ritmos en función das partes do tema (intros ,estrofas, estribillos, pontes...etc). Elaboración de letras e melodías vocais que leven e sintonicen coa mensaxe/historia que queremos contar.
As persoas que escollan a opción de 2 h/ semana completarán o traballo con arranxos rítmicos e melódicos con outros instrumentos (percusión, batería, baixo, teclado, e instrumentos electrónicos, samplers, caixas de ritmos...) para ampliar o panorama sónico da canción. Introdución ós elementos básicos da gravación dixital, tarxetas de son, microfonía, técnicas.Gravación e produción das canción traballadas nas sesións.
-
Contidos: clases de guitarra española.
-
Destinatarios/as: a partir de 7 anos
-
Forma de pago: consultar na OMIX
-
Prazas: 10/grupo. Outubro a maio
-
Lugar: Multiusos, Arcade.
Grupos:
-
Grupo iniciación
-
Grupo intermedio
-
Grupo medio/avanzado
Custe 1h/semana:
-
Empadroados-as menores de 35 anos 12 €/ mes e empadroados-as maiores de 35 anos 15€/ mes.
-
Non empadroados –as 30 €/ mes.
Custe 2 h/semana: (sempre que haxa grupo*)
-
Empadroados-as menores de 35 anos 24 €/ mes e empadroados-as maiores de 35 anos 30€/ mes.
-
Non empadroados –as 60 €/ mes.
ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA
-
Contidos: iniciación á creatividade e debuxo e pintura. Clases organizadas por itinerarios
-
Destinatarios/as: para participar non se esixe nivel previo nin formación básica, xa que damos a posibilidade de iniciarse desde a base ou de avanzar e experimentar.
-
Profesorado: Concepción Peleteiro Pedraza e Fabián Piñeiro Portela.
Itinerario 1: ESPERTANDO A CREATIVIDADE
-
Idades: 4 a 7 anos
-
Horarios: venres de 16:00 A 17:00 h
Itinerario 2: INFANTIL debuxo e pintura
-
Idades: 8 a 11 anos
-
Horario: venres de 17:00 a 18:30 h
Itinerario 3: XUVENIL debuxo e pintura
-
Idades: 12 a 18 anos
-
Horario: venres de 18:30 a 20:30 h
Itinerario 4: ADULTO debuxo e pintura
-
Idades: a partir de 18 anos todas as idades
-
Horario: venres de 18:30 a 20:30 h
A actividade comeza en outubro e remata en maio. Ten preferencia o alumnado do curso anterior.
Custe EMPADROADOS/AS menores de 35 anos:
-
outubro/novembro 15 €
-
decembro/xaneiro 15 €
-
febreiro/marzo 15 €
-
abril/maio 15 €
Custe EMPADROADOS/AS maiores de 35 anos:
-
outubro/novembro 25 €
-
decembro/xaneiro 25 €
-
febreiro/marzo 25 €
-
abril/maio 25 €
............................................
Custe NON EMPADROADOS/AS:
-
outubro/novembro 36 €
-
decembro/xaneiro 36 €
-
febreiro/marzo 36 €
-
abril/maio 36 €
-
Forma de pago: mediante ingreso bancario que se realizará entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada bimestre. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
-
Prazas: 12/grupo
-
Lugar: Multiusos, Arcade.
ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO
Grupos:
-
Grupo Infantil: 4 a 8 anos; sábados de 12:00 a 13:30 h.
-
Grupo Xuvenil 1: 9 a 12 anos; venres de 20:00 a 21:30 h
-
Grupo Xuvenil 2: 13 a 17 anos; venres de 21:30 a 23:00 h
-
Destinatarios/as: nenos/as e mozos/as de 4 a 17 anos
-
Pago: 12 €/bimestral empadroados/as; 24€ bimestral non empadroados/as. A actividade comeza en outubro e remata en xuño. Ten preferencia o alumnado do curso anterior.
-
Forma de pago: mediante ingreso bancario que se realizará entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada bimestre. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
-
Prazas: 20/grupo.
As prazas cubriranse por orde de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Máis información e inscricións na OMIX, Tel 986700822 , Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.