Mércores, 01 Xullo 2015 13:08

Bailes Veraniegos 2015

Bailes Veraniegos 2015

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior pon en marcha un ano máis a actividade " Bailes Veraniegos" que se realizará durante todo o mes de xullo do Peirao de Arcade, na Pista de Patinaxe os martes e xoves de 20 a 21 h.

Comezaremos este martes 2 de xullo con esta actividade coa que a Concellería continúa a súa programación anual de actividades que teñen como finalidade a de manterse en forma e que se organizan durante todo o curso ofertándose tamén no verán aproveitando o bo tempo e a posibilidade de realizala ao aire libre para que todas as persoas que desexen seguir manténdose en forma e practicar deporte poidan facelo pasando un rato divertido. 

A actividade é de balde e pode participar calquera persoa que o desexe. Vai dirixida a todos  os veciños e veciñas, e tamén todos os visitantes que veñan a coñecer o noso municipio.

Durante todo o mes de xullo bailarase o ritmo de: zumba, moderno, salsa,.. etc.

Datas e horario: os martes e xoves de 20 a 21 h (desde 02/07/15 ata o 30/07/15)
Recomendacións: levar roupa cómoda, auga e calzado axeitado 
(zapatillas, tenis,...).
Lugar: no peirao de Arcade na pista de patinaxe.

 

Máis información: na OMIX, Centro Multiusos. 
R/ Peirao, 8 – 36690 Arcade Concello de Soutomaior. 
Teléfono: 986700822, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


Publicado en Mocidade
Visto 4130 veces

Xuventude

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

22-05-2023 / Mocidade

Un ano máis, volve ‘Hai Plan Soutoverán’, a gran programación festiva, de lecer e cultural que nos fará gozar como nunca do bo tempo. Aínda nos quedan moitas iniciativas por anunciar...

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

28-03-2023 / Verbas para comunicar

Co gallo do Día das Letras Galegas, promovemos este concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega. Para participar presenta un traballo en lingua galega en formato texto...

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

06-03-2023 / Mocidade

Impresionante a acollida que tivo a primeira sesión de Noctámbulas. A nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa ata o momento arrincou cun éxito de participación. Preto de 50 mozos e mozas...

Comprometidos ca formación da nosa veciñanza

15-02-2023 / Mocidade

Hoxe comezou o Curso de Hixiene, Atención Sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes. Esta iniciativa ofrecida polo Concello de Soutomaior, conseguiu cubrir todas as prazas. Neste sentido, a concelleira de...

Cheo absoluto no curso de Operador de Carretas Elevadoras

15-02-2023 / Mocidade

Onte arrancou o Curso de Operador/a de Carretas Elevadoras. Unha formación que conta con moitos candidatos e que este ano volver cubrir todas as prazas. A Concelleira de Xuventude achegouse...

A mocidade ten a palabra co Plan Noctámbulas

17-01-2023 / Mocidade

Despois de case tres meses, comezamos a revisar as propostas depositadas nas urnas do Plan Noctámbulas. Esta iniciativa buscaba a participación da mocidade do Concello, convidándoos a dar ideas de...

A xuventude pásao en grande nas Escolas Municipais de Teatro

25-10-2022 / Escola M. de Teatro

Os/as alumnos/as das escolas municipais de teatro empezaron este curso con moita enerxía. As primeiras sesións están indo vento en popa con moi bo ambiente nos grupos e moitas ganas de...

Un novo programa para asesorar aos/ás emprendedores/as e potenciar a empregabilidade da xente moza

07-10-2022 / Mocidade

  A partir do día 9 de novembro, e durante dúas semanas, os/as futuros/as emprendedores/as aprenderán todo o necesario para facer realidade os seus proxectos.   Ademais, a iniciativa contempla asesoramento para...