Xoves, 25 Xuño 2015 13:26

Mostras teatrais de Clausura do curso da Escola Municipal de Teatro

Momento dos ensaios na Biblioteca Momento dos ensaios na Biblioteca / Foto: Gabinete de Prensa

A Escola Municipal de Teatro está composta por tres grupos; infantil, xuvenil 1 e xuvenil 2 que se organizan por idades. Cada grupo está composto por 20 mozos/as que durante todo o curso traballan os seguintes obxectivos:

  • Descubrir e fomentar os recursos expresivos e comunicativos dos/as nenos/as
  • Estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas.
  • Preparalos/as para o xogo dramático espontáneo e libre, vencendo a vergoña e a timidez e motivando o traballo en equipo, cooperativo e solidario ó tempo que se fomenta a non discriminación de xénero na interpretación de accións e personaxes.
  • Aprendizaxe activa e goce do noso folclore infantil poético (cancións, ditos, etc.) e dos xogos tradicionais galegos sen diferenciar entre os considerados pola tradición “xogos de nenos e de nenas”.
  • Desenvolver as destrezas manuais en todo tipo de actividades plásticas.
  • Concienciación sobre o coidado do contorno urbano e natural.
  • Fomentar o hábito da lectura como goce.
  • Familiarizar os/as nenos/as coa escoita de contos e a súa participación nas sesións de conta contos.
  • Favorecer a fluidez na expresión oral e escrita.

E para iso durante as clases traballamos distintas áreas como: expresión plástica, musical e dramática.

Realizando exercizos de: presentación, mobilización, sensibilización, dinámicas de grupos, xogo dramático, etc.

Cando o curso remata todo o alumnado participa nunha representación que se vai preparando nos últimos meses de cursos e que da lugar a unha mostra teatral que este ano será a seguinte:

VENRES 26 DE XUÑO
Actuacións do Grupo infantil (4-8 anos) e Grupo xuvenil 1 (9 a 12 anos)
Obra: “A primavera da aldea” ás 21,00 h
Sinopse: na aldea da Fontiña soamente hai dúas vellas e un montón de casas baleiras. Tamén hai unha pequena escola con 4 nenos/as pero que está a piques de pechala. Como conseguirán manter aberta a escola? Que sorpresas haberá?
Lugar: Multiusos, Arcade
SÁBADO 27 DE XUÑO 
Grupo xuvenil 2 (13 a 17 anos)
Obra: “Amores e desamores de Micomicón e Adhelala” ás 21,00 h
Sinopse: o principe Micomicón e a criada Adhelala están namorados pero hai un problema porque Micomicón está prometido con Sindi “Gumersinda” a princesa de Afganistan. Que enredos terán que levar a cabo para que triunfe o amor?
Lugar: Multiusos, Arcade

 


Publicado en Escola M. de Teatro
Visto 4196 veces

Xuventude

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

22-05-2023 / Mocidade

Un ano máis, volve ‘Hai Plan Soutoverán’, a gran programación festiva, de lecer e cultural que nos fará gozar como nunca do bo tempo. Aínda nos quedan moitas iniciativas por anunciar...

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

28-03-2023 / Verbas para comunicar

Co gallo do Día das Letras Galegas, promovemos este concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega. Para participar presenta un traballo en lingua galega en formato texto...

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

06-03-2023 / Mocidade

Impresionante a acollida que tivo a primeira sesión de Noctámbulas. A nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa ata o momento arrincou cun éxito de participación. Preto de 50 mozos e mozas...

Comprometidos ca formación da nosa veciñanza

15-02-2023 / Mocidade

Hoxe comezou o Curso de Hixiene, Atención Sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes. Esta iniciativa ofrecida polo Concello de Soutomaior, conseguiu cubrir todas as prazas. Neste sentido, a concelleira de...

Cheo absoluto no curso de Operador de Carretas Elevadoras

15-02-2023 / Mocidade

Onte arrancou o Curso de Operador/a de Carretas Elevadoras. Unha formación que conta con moitos candidatos e que este ano volver cubrir todas as prazas. A Concelleira de Xuventude achegouse...

A mocidade ten a palabra co Plan Noctámbulas

17-01-2023 / Mocidade

Despois de case tres meses, comezamos a revisar as propostas depositadas nas urnas do Plan Noctámbulas. Esta iniciativa buscaba a participación da mocidade do Concello, convidándoos a dar ideas de...

A xuventude pásao en grande nas Escolas Municipais de Teatro

25-10-2022 / Escola M. de Teatro

Os/as alumnos/as das escolas municipais de teatro empezaron este curso con moita enerxía. As primeiras sesións están indo vento en popa con moi bo ambiente nos grupos e moitas ganas de...

Un novo programa para asesorar aos/ás emprendedores/as e potenciar a empregabilidade da xente moza

07-10-2022 / Mocidade

  A partir do día 9 de novembro, e durante dúas semanas, os/as futuros/as emprendedores/as aprenderán todo o necesario para facer realidade os seus proxectos.   Ademais, a iniciativa contempla asesoramento para...