Martes, 18 Abril 2017 16:51

Campaña de Verán. Xunta de Galicia

Campaña de Verán. Xunta de Galicia

O Concello de Soutomaior comunica que xa está aberto o prazo para participar nos campamentos de verán ofertados pola Xunta de Galicia. A oferta da Campaña de Verán 2017 estrutúrase en seis eixes: os campamentos para menores de 18 anos, campamentos noutras Comunidades Autónomas, as actividades para maiores de 18 anos, a oferta concertada, os campos de traballo e a programación para mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior. 

Para inscribirse nos campamentos organizados nas instalacións xuvenís galegas para mozos e mozas entre 9 e 17 anos poden entregar e cubrir a súa solicitude na OMIX. Os/as participantes nestes campamentos realizan actividades centradas na natureza, no deporte, o voluntariado ou o tempo libre, entre outras. Pódesense escoller campamentos en toda a xeografía galega e tamén noutras comunidades autónomas como por exemplo País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid e, como novidade, Cantabria. O prazo de inscrición remata o 2 de maio.

Ademais, a partir do 21 de abril tamén se poderán presentar as solicitudes para participar nos campos de traballo  encamiñados a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno a través de actividades levadas a cabo en todas as rexións de España e noutros países como Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Corea do Sur ou Xapón. Nestes campos ofréceselles aos mozos e mozas unha alternativa de lecer e tempo libre baseada no intercambio de coñecementos e culturas, na práctica de deportes e na visita a lugares de interese turístico, histórico ou cultural. 

Para mozos e mozas en idades comprendidas entre os 18 e 30 anos tamén se ofertan 240 prazas  nas seguintes actividades:

ACTIVIDADES DA 1ª QUENDA

Cultura e camiño. Coñecemento do patrimonio histórico cultural da zona de Lugo. Percorrido de etapas do Camiño de Santiago (Camiño Francés), ata Compostela.

O mar de Galicia. Coñecemento do medio mariño a través das actividades relacionadas co mar.

ACTIVIDADES DA 2.ª QUENDA

Cultura e camiño. Coñecemento do patrimonio histórico cultural da zona de Ourense. Percorrido de etapas do Camiño de Santiago (Vía da Prata ou Sanabrés) ata Compostela.

O mar de Galicia. Coñecemento do medio mariño a través das actividades relacionadas co mar.

As mozas e mozos galegos con discapacidadeen función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.

Máis información e inscrición  na OMIX, Tel . 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou en www.xuventude.net


Publicado en Xuventude
Visto 2429 veces


Concellería de Xuventude

Actividades para os vindeiros días! Pra…

29-11-2021 Xuventude

"Xogos ópticos" e Zootropo xigante" obradoiros para facer cine contruíndo xoguetes ópticos e un zootropo xigante. Moit divertidos e dirixidos a todas as idades, ideais para participar en familia e...

XX Concurso de postais e felicitación de Nadal. Prazo aberto

15-11-2021 / Xuventude

Soutomaior abre o prazo de presentación ó Concurso de Postais e felicitacións de Nadal e aninovo co que se pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega.  As condicións xerais de participación serán: A temática será o Nadal:...

Traslado de actividades Samain por choiva!

28-10-2021 / Xuventude

Dadas as condicións metereolóxicas que se pronostican para este domingo imos trasladar para o Multiúsos as actividades que estaban inicialmente previstas para Talo Río o domingo 31 de outubro de tarde.   O programa queda do seguinte xeito: A gran celebración domingo 31 de outubro de tarde 17.30 a 18.30 h               “Charli o inventor de palabras” Clown e improvisación.  A partir de 5 anos. Auditorio interior...

Outono Xove 2021

19-10-2021 / Xuventude

O Concello de Soutomaior informa sobre o programa de actividades de fin de semana en albergues xuvenís, para a mocidade de 14 a 30 anos que convoca a Xunta de Galicia. Outono Xove é un programa que se pon en marcha con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e...

Samaín 2021

15-10-2021 / Xuventude

Este ano voltaremos a celebrar o Samaín, unha festa tan agardada por todas e todos nós. Mantendo os criterios de seguridade igual que ata agora retomos este programa que contará con moitas actividades para todas as idades.    PROGRAMA Domingo 31 de outubro:   ESCAPE ROOM ESPECIAL SAMAIN:  IMOS PASALO DE MEDO! Para festexala imos recrear dous xogos ambientados nesta celebración tan emblemática nos que teremos...

Novas actividades!

13-08-2021 / Xuventude

Hoxe abrimos o prazo de inscrición en liñas nas escolas municipais de debuxo e pintura, de teatro e no curso de preparación das probas B1 inglés. https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina