Este sábado 8 de abril ás 21 h no Multiusos en Arcade temos unha nova QUEDADA! organizada polo Concello de Soutomaior.
Nesta ocasión a quedada será para ver unha peli de terror, acción e algo de drama. A acción transcorre nun pequeno pobo no cal vive unha moza de 16 anos infectada por un zombi que a vai transformando pouco a pouco. O seu pai tentará por todos os medios envitar as consecuencias deste proceso de conversión pero non sabemos si o conseguirá... para sabelo teredes que achegarvos e comprobalo vos mesmos/as.
Esta actividade forma parte do proxecto de actividades lúdicas e de dinamización xuvenil destinado á mocidade do municipio onde a principal liña de acción é o LECER E TEMPO LIBRE como espazo educativo e de aprendizaxe non formal para que a mocidade participe, reflexione e experimente.
O proxecto que se enmarca dentro do programa de DINAMIZACIÓN E PARTICIPACIÓN XUVENIL do Plan Municipal de Promoción da Información Xuvenil e Dinamización da Mocidade, trata de: ofrecer alternativas lúdicas, educativas e festivas para ocupar o tempo libre propiciando un lecer de calidade. Queremos estimular a participación da mocidade para que eles e elas formen parte activa do proxecto xerando novas ideas e participando no deseño das mesmas.