A Escola Municipal de Xadrez pecha este luns 25 de maio o curso cunha exhibición que terá lugar na Alameda Talorío de 17 a 18,30.
O alumnado xogará varias partidas para que o público poida ver o aprendido durante o curso e logo convidará ás persoas asistentes a que participen e xoguen con eles/as. Ás persoas que nunca xogaron a este deporte poderán iniciarse nas técnicas e movementos máis básicos de man do alumnado que ten idades comprendidas entre os 7 e 11 anos de idade.
Tamén participarán nesta actividade as persoas maiores que estén no Centro de Días Boas Apertas para coñecer de primeira man este deportes e os beneficios da súa prácticas. Con esta actividade a Escola Municipal de Xadrez pecha o curso ata o mes de outubro no que se reiniciarán de novos as clases.