Luns, 21 Novembro 2016 17:05

Quedada para despedir o ano: festa Neón. Merca a túa entrada na OMIX

Quedada para despedir o ano: festa Neón. Merca a túa entrada na OMIX

O Concello de Soutomaior pon en marcha a actividade Quedada para despedir o ano: Festa Neón.

Esta proposta de dinamización xuvenil  forma parte do proxecto QUEDADA! para…  composto por unha seride de actividades lúdicas e de dinamización xuvenil destinadas á mocidade do municipio onde a principal liña de acción é o LECER E TEMPO LIBRE como espazo educativo e de aprendizaxe non formal. Vai dirixida a mozos e mozas a partir de 12 anos.

O proxecto que se enmarca dentro do Plan Municipal de Promoción da Información Xuvenil e Dinamización da Mocidade, trata de: ofrecer alternativas lúdicas, educativas e festivas para ocupar o tempo libre propiciando un lecer de calidade.

Esta proposta de carácter lúdico - festivo terá lugar o xoves 29 de decembro en horario de 18:30 a 21:30 h en Soutomaior, na Casa do Pobo da Pedreira. Para facer máis accesible a participación o Concello de Soutomaior porá autobuses de balde de ida e volta desde Arcade e desde diferentes puntos do Concello.  

Para poder acudir á quedada será imprescindible mercar a entrada previamente na OMIX (1€) porque o aforo é limitado. No momento de mercar a entrada darase toda a información sobre o servizo de autobuses: horarios e paradas.

Queremos que a mocidade participe desde o primeiro momento na Quedada, por iso, na entrada  aparece un código QR que unha vez escaneado co móbil serve para acceder a  web onde se poden pedir os temas: Pide unha canción

A programación para ese día está baseada no dinamismo e participación da mocidade a través de:

  • Sesión  - obradoiro de DJ
  • Obradoiro body paint
  • Concurso Bottle flip
  • Obradoiro mural fluor
  • Obradoiro de limonadas e refrescos fluor

E como nesta ocasión a Quedada será fluor crearemos unha atmósfera realmente especial con todo tipo de materiais fluorescentes que brilarán ao apagar as luces ou montar iluminacións específicas.

Máis información sobre o proxecto Quedadas! para...


Publicado en Xuventude
Visto 6571 veces

Xuventude

Momentos inesquecibles no festival Xente Miúda

Momentos inesquecibles no festival Xente Miúda

14-09-2022 / Xuventude

Menuda fin de semana pasamos co festival Xente Miúda! Durante dous días o Multiúsos tivo animación case constante con obradoiros, espectáculos, música e baile para todos. O festival Xente Miúda foi un...

O novo skatepark,que se construirá ao lado do Paseo da Diversidade, está cada vez máis...

O novo skatepark,que se construirá ao lado do Paseo da Diversidade, está cada vez máis...

01-08-2022 / Xuventude

O alcalde e a concelleira de xuventude reuníronse a semana pasada con GUrban, a empresa responsable da construción do novo Skatepark, así como co deseñador do proxecto, un profesional cunha...

Soutomaior involucrado coa mocidade cunha campaña de tramitación e adhesión ao carné Xove

Soutomaior involucrado coa mocidade cunha campaña de tramitación e adhesión ao carné Xove

21-07-2022 / Xuventude

A Omix mantén a campaña de adhesión ao carné Xove que nos últimos meses logrou máis de 30 novas adhesións e que os pasados días 8 e 9 de xullo...

Fomentamos a empregabilidade dos/as mozos/as do Concello con ‘Deseñando o teu futuro’

19-07-2022 / Deseñando o teu futuro

O programa ‘Deseñando o teu futuro’ empezou a semana pasada. O obxectivo é que un grupo de mozos/as do Concello explore os seus intereses e talentos a través dun programa...

Festival SoutoMareiro: Símbolo do esforzo por organizar alternativas de lecer para a mocidade

11-07-2022 / Xuventude

Seguimos ofrecendo alternativas de lecer para que a xente moza non teña que saír buscalas fora do Concello. O sábado celebramos o Festival SoutoMareiro. Chaleco Reflectante, Grande Amore e EME DJ...

Xa coñecemos aos premiados/as do 'Penso, logo existo en galego'

01-06-2022 / Xuventude

Hoxe celebramos o sorteo do ‘ Penso, Logo existo en galego’. Xa coñecemos aos gañadores desta iniciativa, que levarán un patinete eléctrico de agasallo. Moitos parabéns a Fiz Garrido Escudero; Aitana...

Xuventude formada e informada grazas ao Programa 'Intervención Socioeducativa': hoxe 'Divulgaciencia' e 'Ti decides'

31-03-2022 / Xuventude

Esta mañá tiveron lugar dúas actividades contempladas no Programa de Intervención  Socioeducativa que se está levando a cabo entre o estudantado de Soutomaior e que conta con 6 liñas de...

Votación popular concurso disfraces e murgas

28-02-2022 / Xuventude

Desde hoxe está aberta a VOTACIÓN POPULAR do concurso Confientroido. Na web > Confientroido - Categoría: Confientroido 2022 - 2022 (gabinetesoutomaior.com) podes visitar todas as fotos e murgas presentadas de xeito individual...