Luns, 15 Novembro 2021 10:17

XX Concurso de postais e felicitación de Nadal. Prazo aberto

XX Concurso de postais e felicitación de Nadal. Prazo aberto

Soutomaior abre o prazo de presentación ó Concurso de Postais e felicitacións de Nadal e aninovo co que se pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega. 

As condicións xerais de participación serán:

  • A temática será o Nadal: felicitacións, imaxes propias destas festas, entrada no novo ano, mensaxes solidarias,... Interpretación libre, creativa e orixinal. 
  • Se hai texto ou audio, deberá ser en galego. 
  • Cada persoa presentará unha única postal ou felicitación por categoría, que deberá ser inédita e non estar suxeita a dereitos de autoría.
  • Permitirase que unha persoa que se presenta individualmente poida participar nunha modalidade grupal.
  • A técnica será libre pero deberá encaixar nalgún dos formatos e modalidades propostas. 

As persoas interesadas poderán presentar os traballo en varios formatos:

FORMATO POSTAIS:

POSTAIS- MODALIDADE SIMPLE (sen volume):

  • Categoría A: idades de 2 a 4 anos
  • Categoría B: idades de 5 a 8 anos
  • Categoría C: idades de 9 a 12 anos
  • Categoría D: idades de 13 a 18 anos

*As postais simples que ó abrirse adquiran pouco volume considéranse MODALIDADE SIMPLE. 


POSTAIS- MODALIDADE TRIDIMENSIONAL-VOLUMINOSA (con volume, altura, anchura e profundidade). 

  • Categoría T1: 5 a 8 anos
  • Categoría T2: 9 a 12 anos
  • Categoría T3: 13 a 18 anos

FORMATO FELICITACIÓN AUDIOVISUAL: 

Participar no concurso enviando unha felicitación de Nadal ou de aninovo presentando un vídeo que pode conter: imaxes, son, textos, animacións, etc.

FELICITACIÓN AUDIOVISUAL - MODALIDADE VÍDEO:

  • Categoría A1: 5 a 8 anos
  • Categoría A2: 9 a 12 anos
  • Categoría A3: 13 a 18 anos
  • Categoría AF: familiar. Todas as idades.

Requisitos DOS VÍDEOS de felicitación audiovisual: a maiores das condicións xerais os vídeos  terán unha duración máxima 3 minutos e farán referencia á temática deste concurso “Felicitación de Nadal/Aninovo desde Soutomaior”. Pode presentarse de xeito individual, grupal ou familiar.

Como presentar os traballos? 

1º PASO: Elaboración da postal ou felicitación tendo en conta as condicións xerais e os formatos.

2º PASO: Presentación. Como?

  1. Entra na web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/concurso-postais-de-nadal
  2. Escolle o formato e modalidade na que te inscribes.
  3. Cumprimenta o formulario. 

NON debe figurar nos traballos os nomes das persoas. Os datos persoais xa figuran na ficha de inscrición. Os traballos catalóganse a través de códigos de inscrición e así xa sabemos a quen pertencen. Estes datos non figurarán na web por protección de datos e para garantir o anonimato. 

 

O prazo de presentación para todas as modalidades REMATARÁ O VENRES 10 DE DECEMBRO ÁS 14.30 HORAS.

Ademais, da votación do xurado tamén haberá un prazo para a votación popular na web desde o luns 13 ata o mércores 15 de decembro ás 23.00 h.

Para calquera dúbida sobre este concurso poden poñerse en contacto coa OMIX  no número 986700822 ou ben por whatsAPP 638822868

 


Publicado en Mocidade
Visto 888 veces

Xuventude

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

22-05-2023 / Mocidade

Un ano máis, volve ‘Hai Plan Soutoverán’, a gran programación festiva, de lecer e cultural que nos fará gozar como nunca do bo tempo. Aínda nos quedan moitas iniciativas por anunciar...

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

28-03-2023 / Verbas para comunicar

Co gallo do Día das Letras Galegas, promovemos este concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega. Para participar presenta un traballo en lingua galega en formato texto...

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

06-03-2023 / Mocidade

Impresionante a acollida que tivo a primeira sesión de Noctámbulas. A nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa ata o momento arrincou cun éxito de participación. Preto de 50 mozos e mozas...

Comprometidos ca formación da nosa veciñanza

15-02-2023 / Mocidade

Hoxe comezou o Curso de Hixiene, Atención Sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes. Esta iniciativa ofrecida polo Concello de Soutomaior, conseguiu cubrir todas as prazas. Neste sentido, a concelleira de...

Cheo absoluto no curso de Operador de Carretas Elevadoras

15-02-2023 / Mocidade

Onte arrancou o Curso de Operador/a de Carretas Elevadoras. Unha formación que conta con moitos candidatos e que este ano volver cubrir todas as prazas. A Concelleira de Xuventude achegouse...

A mocidade ten a palabra co Plan Noctámbulas

17-01-2023 / Mocidade

Despois de case tres meses, comezamos a revisar as propostas depositadas nas urnas do Plan Noctámbulas. Esta iniciativa buscaba a participación da mocidade do Concello, convidándoos a dar ideas de...

A xuventude pásao en grande nas Escolas Municipais de Teatro

25-10-2022 / Escola M. de Teatro

Os/as alumnos/as das escolas municipais de teatro empezaron este curso con moita enerxía. As primeiras sesións están indo vento en popa con moi bo ambiente nos grupos e moitas ganas de...

Un novo programa para asesorar aos/ás emprendedores/as e potenciar a empregabilidade da xente moza

07-10-2022 / Mocidade

  A partir do día 9 de novembro, e durante dúas semanas, os/as futuros/as emprendedores/as aprenderán todo o necesario para facer realidade os seus proxectos.   Ademais, a iniciativa contempla asesoramento para...