Martes, 15 Xuño 2021 10:24

Soutomaior, punto de activación do Carné Xove

Soutomaior, punto de activación do Carné Xove

A OMIX do Concello de Soutomaior continúa sendo un punto de referencia para a mocidade que queira activar ou obter o Carné Xove. O Alcalde de Soutomaior, Agustin Reguera, acompañado da Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel, xunto á Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández- Tapias e á Concelleira de Xuventude de Soutomaior, Noelia Ocampo, presentaron esta iniciativa en Soutomaior esta semana.

O carné xove é unha tarxeta persoal para a mocidade galega expedida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. Con este documento, as persoas usuarias poden acceder a unha chea de descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo (European Youth Card). 

Dende o 2021, o carné xove é gratuíto e ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos, ambos os dous inclusive, polo que xa non é preciso renovalo.

Neste sentido, a Xunta de Galicia está enviando o carné xove ao domicilio de todas as persoas potencialmente usuarias, máis de 400.000 mozos e mozas. Polo tanto, xa non é necesario nin solicitalo nin pagalo para telo.

No caso das persoas que xa tiñan o carné, coa imaxe antiga, ou que lles caducou hai pouco, recíbeno no seu domicilio con todos os datos cubertos e xa plenamente operativo.

No caso das persoas que nunca tiveron o carné ou que o teñen caducado dende hai tempo, reciben no seu domicilio o carné cos tres primeiros campos cubertos (nome e apelidos, data de nacemento e data de caducidade). Para que o carné estea operativo, é necesario que o activen acudindo a un dos puntos de activación que se detallan no documento incluído na carta de envío. A activación consiste en insertar na tarxeta o número de carné (número Eyca). Neste proceso é preciso acreditarse co DNI.

Aínda que o prazo de activación é dun mes, se algún usuario/a é citado máis alá do prazo dun mes, a súa activación considerarase igualmente válida aínda que se exceda do prazo inicial, xa que se debe a circunstancias extraordinarias.

Para activar ou obter o carné a mocidade poderá acudir á OMIX situada en Arcade, no Centro Multiúsos, pedindo cita previa a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben no número de whatsAPP 638822868. O horario de verán de atención ao público será de luns a xoves de 9 a 14 h. 

https://youtu.be/yZokCmcAjyM


Publicado en Xuventude
Visto 163 veces

Medios


Concellería de Xuventude

Remata o campo de voluntariado "Sou…

28-07-2021 Xuventude

Tras 12 días de actividade intensiva as persoas participantes no Campo de Voluntariado promovido pola Dirección Xeral de Xuventude (Xunta de Galicia) en colaboración co Concello de Soutomaior chega ó...

Mantente en forma no verán! Aquagym, bailes variados, bailes do mundo.

06-07-2021 / Xuventude

Esta semana o Concello de Soutomaior comezou con este programa que ten como finalidade ofertar actividades variadas mediante as cales poidamos facer exercizo físico e manternos en forma durante a época estival. Aproveitando os lugares de recreo e lecer de zonas de praia e río durante o mes de xullo e agosto realizaranse varias actividades en lugares diferentes do municipio. Así...

Encontro da mocidade "Influensers polo cambio". Inscricións a partir do 7 de xullo.

02-07-2021 / Xuventude

A proposta deste ano xira arredor de tres eixos centrais cos que Soutomaior quere achegar á mocidade participante á Arte Transmedia (Storytelling a través de disciplinas artísticas escénicas, plásticas e audiovisuais) ao estilo ‘influencer’ para promover os cambios sociais necesarios recollidos nos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) propostos pola ONU na Axenda 2030. Para isto a proposta contempla tres bloques...

Soutomaior fai Camiño! Campo de voluntariado.

29-06-2021 / Xuventude

O Concello de Soutomaior colabora coa Xunta de Galicia na Campaña de Verán deste ano impulsando este Campo de Voluntariado que se desenvolverá no municipio desde o 16 ata o 27 de xullo de 2021. Con motivo do Ano Santo Xacobeo 2021 e da promoción da iniciativa impulsada pola ONU dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) promovemos este campo co  fin...

NOVIDADES SOBRE A ACTIVACIÓN DO CARNÉ XOVE.

21-06-2021 / Xuventude

  A partir deste luns 21 de xuño a Xunta pon en marcha o trámite por vía telemática a través da web http://xuventude.xunta.es/ para que aqueles mozos e mozas que reciben a tarxeta por primeira vez e non poden desprazarse a activala. Quen opte por esta fórmula, terá que cubrir os seus datos a través da web e, nuns días, recibirá...

Soutomaior, punto de activación do Carné Xove

15-06-2021 / Xuventude

A OMIX do Concello de Soutomaior continúa sendo un punto de referencia para a mocidade que queira activar ou obter o Carné Xove. O Alcalde de Soutomaior, Agustin Reguera, acompañado da Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel, xunto á Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández- Tapias e á Concelleira de Xuventude de Soutomaior, Noelia Ocampo, presentaron esta iniciativa en...