Luns, 14 Xuño 2021 14:30

Obradoiro Social Pilgrims

Obradoiro Social Pilgrims
Unha actividade para introducirse na creación de filtros de Realidade Aumentada para Facebook e Instagram utilizando o software Spark AR e creando os nosos propios filtros para redes sociais. Impulsada por CEO ABERTO dentro do programa Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia en Colaboración co Concello de Soutomaior.
 
Dirixida a mozos e mozas de 14 a 17anos.
Terá lugar o luns 21 de xuño de 19 a 20 h no Multiúsos en Arcade.
 

Publicado en Xuventude
Visto 27 veces


Concellería de Xuventude

Remata o campo de voluntariado "Sou…

28-07-2021 Xuventude

Tras 12 días de actividade intensiva as persoas participantes no Campo de Voluntariado promovido pola Dirección Xeral de Xuventude (Xunta de Galicia) en colaboración co Concello de Soutomaior chega ó...

Mantente en forma no verán! Aquagym, bailes variados, bailes do mundo.

06-07-2021 / Xuventude

Esta semana o Concello de Soutomaior comezou con este programa que ten como finalidade ofertar actividades variadas mediante as cales poidamos facer exercizo físico e manternos en forma durante a época estival. Aproveitando os lugares de recreo e lecer de zonas de praia e río durante o mes de xullo e agosto realizaranse varias actividades en lugares diferentes do municipio. Así...

Encontro da mocidade "Influensers polo cambio". Inscricións a partir do 7 de xullo.

02-07-2021 / Xuventude

A proposta deste ano xira arredor de tres eixos centrais cos que Soutomaior quere achegar á mocidade participante á Arte Transmedia (Storytelling a través de disciplinas artísticas escénicas, plásticas e audiovisuais) ao estilo ‘influencer’ para promover os cambios sociais necesarios recollidos nos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) propostos pola ONU na Axenda 2030. Para isto a proposta contempla tres bloques...

Soutomaior fai Camiño! Campo de voluntariado.

29-06-2021 / Xuventude

O Concello de Soutomaior colabora coa Xunta de Galicia na Campaña de Verán deste ano impulsando este Campo de Voluntariado que se desenvolverá no municipio desde o 16 ata o 27 de xullo de 2021. Con motivo do Ano Santo Xacobeo 2021 e da promoción da iniciativa impulsada pola ONU dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) promovemos este campo co  fin...

NOVIDADES SOBRE A ACTIVACIÓN DO CARNÉ XOVE.

21-06-2021 / Xuventude

  A partir deste luns 21 de xuño a Xunta pon en marcha o trámite por vía telemática a través da web http://xuventude.xunta.es/ para que aqueles mozos e mozas que reciben a tarxeta por primeira vez e non poden desprazarse a activala. Quen opte por esta fórmula, terá que cubrir os seus datos a través da web e, nuns días, recibirá...

Soutomaior, punto de activación do Carné Xove

15-06-2021 / Xuventude

A OMIX do Concello de Soutomaior continúa sendo un punto de referencia para a mocidade que queira activar ou obter o Carné Xove. O Alcalde de Soutomaior, Agustin Reguera, acompañado da Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel, xunto á Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández- Tapias e á Concelleira de Xuventude de Soutomaior, Noelia Ocampo, presentaron esta iniciativa en...