Mércores, 02 Decembro 2015 13:10

Actividades para o Nadal!

Actividades para o Nadal!

O Concello de Soutomaior publica o programa de actividades  que se desenvolverán durante o mes de decembro para as vacacións de Nadal. Todas as actividades teñen un compoñente lúdico e festivo.  Algunhas destas actividades teñén marcados prazos de inscrición e as prazas son limitadas polo que animámosvos a consultar o programa e a inscribirvos o antes posible se estades interesados/as. O programa inclúe actividades organizadas pola Concellería de Xuventude e tamén pola Concellería de Educación, que este ano promove unha actividade moi novidosa como é o Tecnocamp dirixidos a público infantil e xuvenil. Este campamento urbano ten como finalidade promover valores e habilidades sociais traballados desde o lecer e o tempo libre pero tamén, quere ofrecer contidos sobre ciencia, a arte e  tecnoloxía.

As actividades programadas son:

LUDONADAL: ESPECIAL ACTIVIDADES EN FAMILIA (Inscrición  na OMIX ata o 17 de decembro)

OBRADOIRO DE MODELADO CON ARCILLA “JUMPINGCLAY”: CONTOS DE NADAL

Idades: todas as idades a partir de 2 anos, acompañados dun familiar adulto.

Datas: 21 e 28 de decembro de 18 a 19,30 h /  Lugar: Multiusos, Arcade.

 

TECNOCAMP (campamento urbano de Nadal)

Actividades: ciencia e tecnolóxicas, xogos, saídas e visitas, videoxogos, modelado3D,

realidade aumentada, robótica, etc.,

Destinatarios/as: persoas de 4 a 17 anos

Datas: 21,22,28 e 29 de decembro / Horarios: 9 a 13,30 h

Custe: empadroados-as 20 €; non empadroados-as 60€ 

Información e inscricións: ata o 11 de decembro na OMIX, Multiusos (Arcade)

 

FESTIVAL XUVENIL DA SOLIDARIEDADE

(actuación de grupos municipais de baile, teatro pintura, etc)

Data: venres 18 de decembro ás 21,00.   Lugar: Multiusos, Arcade.

 

ENTREGA DE PREMIOS XIV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Data: sábado 19 de decembro ás 19,30

 Animación a cargo de “FALABARATAS” / Lugar: Multiusos, Arcade.           

Prazo de presentación de postais na OMIX ata o 10/12/2015

 

QUEDADA para a despedir o ano!

Martes 29 de decembro de 18,30 a 21,30 h na Antiga Escola de Alxán

Obradoiros de: break dance e de cake pops, cócteles sen alcohol e moita FESTA!!

Actuación de CLOVERCLAP e DJ

Custe da entrada: 1€  - Acceso só con entrada anticipada

Recolle a túa entrada na OMIX, Multiusos (Arcade). Prazo límite: 22/12/2015

 

 

 Máis información: na OMIX -  Multiusos, Arcade 986700822 


Publicado en Xuventude
Visto 3764 veces


Concellería de Xuventude

Programa formativo municipal

19-01-2022 Xuventude

Novos cursos e accións formativas convocados polo Concello de Soutomaior (Xuventude e Educación) para os seguintes meses. Por unha banda, as accións dirixidas á formación ocupacional e para o emprego fundamentalmente...

2x1 Carné xove + carné de alberguista

12-01-2022 / Xuventude

Coa activación do Carné xove agora tamén poderás obter directamente o carné de alberguista se tes a partir de 14 anos de idade. Desde o ano pasado o carné xove é de balde e xa non é preciso renovalo cada dous anos. Vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 29 anos ambos incluídos e ten unha morea de...

Entrega de premios do concurso de postais de nadal

20-12-2021 / Xuventude

O Concello de Soutomaior entregou os premios do seu tradicional concurso de postais do Nadal. Un certame que, a pesar de celebrarse por segunda vez de maneira telemática pola pandemia, mantén un gran nivel de participación rexistrando máis de 200 propostas de todas as idades. O certame estaba dirixido a toda a poboación do municipio e especialmente á infancia e á mocidade. O...

Comunicación Concurso Postais e felicitación Nadal

17-12-2021 / Xuventude

Comunicar que se producen cambios no acto de entrega de premios do Concurso de Postais e Felicitacións de Nadal por prevención pola COVID-19. Cancélase o espectáculo, farase un sinxelo acto de entrega. Todas as persoas que participaron no concurso poden recoller o seu agasallo na OMIX pedindo cita no whatsAPP 638822868 a partir do luns. Publicaremos este venres pola mañá...

Actividades para os vindeiros días! Prazos rematando

29-11-2021 / Xuventude

"Xogos ópticos" e Zootropo xigante" obradoiros para facer cine contruíndo xoguetes ópticos e un zootropo xigante. Moit divertidos e dirixidos a todas as idades, ideais para participar en familia e achegarnos ao mundo do cine, as orixes das imaxes en movemento, a, á creación de elementos e recursos cos que crear as nosas propias películas. Obradoiros cheos de propostas moi...

XX Concurso de postais e felicitación de Nadal. Prazo aberto

15-11-2021 / Xuventude

Soutomaior abre o prazo de presentación ó Concurso de Postais e felicitacións de Nadal e aninovo co que se pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega.  As condicións xerais de participación serán: A temática será o Nadal:...